Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O alto grao de innovación TIC, nexo común dos dez proxectos que pasan á fase final de VíaVigo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O alto grao de innovación TIC, nexo común dos dez proxectos que pasan á fase final de VíaVigo

Redacción
Publicado: 27/01/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Xornada DemoDay da edición 2014 de VíaVigo
Xornada DemoDay da edición 2014 de VíaVigo
As novas tecnoloxías da información e o sustentable son en boa medida os piares dos dez proxectos da aceleradora de empresas VíaVigo que pasan á fase final da súa nova edición (a segunda), unha etapa (esta recta final) na que recibirán capital e formación individualizada. Esta escolma de dez proxectos, informan os responsables da palestra empresarial galega (Zona Franca de Vigo, GAIN e Xes Galicia), é o resultado dun programa formativo (academia) e dun proceso de selección de iniciativas finais na que participaron case unha vintena de propostas. Os dez proxectos elixidos recibirán un capital de 1.250.000 euros entre capital semente e achegas a fondo perdido, máis outros 250.000 euros en gastos de formación e consultoría.
Agora, os responsables das iniciativas terán que constituír cada un a sociedade correspondente e, desde a vindeira semana e durante medio ano, traballar os seus proxectos no espazo de coworking do Centro de Negocios de Porto do Molle, cun experto equipo de asesoramento. Logo disto, poderán saír definitivamente ao mercado e presentarse a roldas de investimento.
Este dez novos negocios, que poden ser consultados na web de ViaVigo, abranguen modelos xurdidos de novas ideas que van desde o desenvolvemento de aplicacións á produción ecolóxica ou ao deseño e fabricación de máquinas de adestramento deportivo.
Entre os novos modelos de negocio para o mundo dixital un dos proxectos apóiase no desenvolvemento dunha pulseira intelixente que potencia as relacións sociais “e que tamén pode ter un uso profesional”, sinalan fontes da Zona Franca, que engaden (facendo listaxe das propostas TIC) que “tamén hai outro modelo que desenvolve unha aplicación de mensaxería instantánea que mellora a atención ao cliente; unha plataforma que achega seguridade xurídica aos procesos precisos para a celebración de xuntas de accionistas e consellos de administración por vídeo streaming desde calquera dispositivo fixo ou móbil; un desenvolvemento que, previo pago dunha tarifa plana, permite aos usuarios acceder ao total do catálogo de videoxogos; unha rede social para compartir vídeos de deportes con tracking automático que inclúe unha aplicación multiplataforma; e outra plataforma orientada a crear hábitos saudables nas empresas que ofrece ferramentas para mellorar o estado físico e emocional dos traballadores”.
Por orde alfabética, os proxectos que acceden á fase de aceleración son: Chameleon Band, Citious, Council Box, Embutido Vexetal, H2 Hydroponics, Latitude, MyR Performance, Sila Games, Sportracking Social Network e Vidahora.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?