Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Telefónica lanza un servizo para acadar un uso seguro das TIC nos menores de idade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Telefónica lanza un servizo para acadar un uso seguro das TIC nos menores de idade

Redacción
Publicado: 27/01/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

apertura-movistar-protege.jpgTelefónica vén de lanzar no mercado español un servizo de control para nais, pais ou titores que lles vai facilitar a xestión da vida dixital das nenas e os nenos con dispositivos móbiles. A nova achega, chamada Movistar Protexe, permite en palabras da operadora “protexer en tempo real e dende calquera lugar ata 10 aparellos diferentes, achegando todas as garantías de seguridade para os menores”. Deste xeito, a través da web do servizo, as nais e os pais poderán facer cousas como establecer límites de uso responsable, bloquear contidos inapropiados ou perigosos, localizar o dispositivo do menor ou restrinxir certas aplicacións. O servizo lánzase cunha subscrición mensual desde 1,5 euros.
Xa nun plano máis detalle, Movistar Protexe abrangue medidas de salvagarda para todo tipo de trebellos (PC, Mac, tableta, smartphone, iPad, iPod, iPhone e Kindle) e posibilita a configuración de cantos perfís desexemos para cada dispositivo, o establecemento de horarios de uso (tanto para navegación como para o uso de aplicacións), a achega de informes cotiáns e detallados e a recepción de alertas se o menor visita páxinas non axeitadas ou excede o tempo de uso fixado.
O servizo xa está dispoñible para todos os clientes de Movistar baixo un modelo de subscrición mensual “autorrenovable” con tres modalidades que se adaptan ás necesidades de cada familia: Movistar Protexe 3 (que permite xestionar ata 3 dispositivos diferentes por 1,5 euros/mes), Movistar Protexe 5 (para protexer ata 5 dispositivos por 2 euros ao mes) e Movistar Protexe 10 (ata 10 dispositivos protexidos por unha cota de 3,5 euros).
Lembrar por último que Movistar Protexe é un servizo multiplataforma que nace froito do acordo global acadado en decembro de 2014 por Telefónica e Qustodio, compañía barcelonesa de solucións de seguridade, polo que ambas as entidades se comprometeron a ofrecer servizos aos clientes de Telefónica empregando as ferramentas de seguridade e control de Qustodio. España é o primeiro país no que se materializa esta alianza.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?