Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo presenta en Monforte as súas iniciativas de fomento TIC para as PEME e para os maiores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo presenta en Monforte as súas iniciativas de fomento TIC para as PEME e para os maiores

Redacción
Publicado: 30/01/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

depu_lugo_monforte_tic.jpgA Deputación de Lugo presentou este xoves no centro de asesoramento tecnolóxico que abriu en Monforte de Lemos o seu servizo gratuíto de apoio e formación individualizada. Na posta en longo do servizo, os responsables do órgano provincial sinalaron que se trata dunha achega especialmente deseñada para PEME e autónomos, que é cen por cen de balde e que foi programada para fomentar a incorporación e uso de ferramentas tecnolóxicas no tecido empresarial. No acto participaron a deputada de Economía, Pilar García Porto, e o director de Fondos Europeos e Novas Tecnoloxías, Pablo Rivera Capón.
García e Rivera lembraron as vantaxes das novas tecnoloxías para o ámbito produtivo (melloras na competitividade e no funcionamento das empresas) e convidaron aos asistentes a participar nas actividades formativas e divulgativas que porá a Deputación á súa disposición no centro de asesoramento tecnolóxico monfortino para amosarlles novas ferramentas TIC. Tamén informaron que a Deputación desenvolverá tres aplicacións móbiles para potenciar os sectores estratéxicos da provincia: agroalimentario, turístico e forestal. As empresas que queiran beneficiarse ou coñecer máis sobre esta iniciativa, cofinanciada ao 80% por fondos europeos, poden facelo no teléfono 982-225-186, ou ben achegándose ao centro de asesoramento de Monforte, situado na rúa Escultor Francisco Moure, 17.
A maiores, a Deputación informou doutra actividade na que participou esta semana en Monforte, máis polo miúdo no seu Centro do Viño. Tratouse da xornada informativa Viños e TIC, convocada co obxectivo de afondar nas oportunidades que ofrecen as TIC ao sector vitivinícola. O deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Álvaro Santos, acompañado do director de Fondos Europeos e Novas Tecnoloxías, foi o encargado de abrir a xornada, enmarcada dentro do plan Innova-TE2, cofinanciado por fondos europeos. Santos salientou que “as novas tecnoloxías fornecen un plus engadido ao sector” e destacou a a creación da plataforma de comercio electrónico losproductosdelugo.com, o selo LugoSabe ou o plan Dinamízate.
Por último, García Porto e Rivera Capón tamén tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man o centro de maiores monfortino Geriatros, no que se está a desenvolver o programa Memoria Dixital Tic-Tac, un programa da Fundación TIC dirixido a crear un rexistro audiovisual de parte da historia da provincia a través das testemuñas dos participantes nesta iniciativa. Memoria Dixital Tic-Tac abrangue nove obradoiros, que se desenvolverán ata o 28 de febreiro en todas as comarcas da provincia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?