Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Universidade da Coruña organiza a First LEGO League edición galega
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Universidade da Coruña organiza a First LEGO League edición galega

Redacción
Publicado: 30/01/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

first_lego_league.jpgO Campus de Esteiro (Ferrol) acollerá o 28 de febreiro a First LEGO League edición galega. O evento vén da man da Universidade da Coruña e forma parte dun programa internacional que promove a ciencia e as tecnoloxías entre as novas xeracións (idades comprendidas entre os 6 e os 16 anos) a través dunha serie de competicións e actividades por equipos. Segundo avanza a UDC, estamos ante unha oportunidade ben axeitada para participarmos “no meirande desafío internacional da robótica educativa”. Para a organización, a maiores, trátase dunha ocasión idónea para motivar aos alumnos con cuestións científicas e tecnoloxías e coas habilidades e as competencias do século XXI, cousas como resolución de problemas, comunicación ou traballo en equipo.
Na First LEGO League, as rapazas e rapaces de 10 a 16 anos participan resolvendo un desafío cunha temática do mundo real. O traballo consiste en programar un robot autónomo (tirando proveito do set LEGO Mindstorms) para engadir puntos nunha superficie de xogo temática e creando unha solución innovadora para un problema proposto como parte do seu proxecto. En definitiva, primeiro realizarán un proxecto científico, logo darán forma a un robot e finalmente compartirán todo o que aprenderon.
Pola súa banda, os nenos de 6 a 9 anos concorren na modalidade Junior da liga, un programa práctico deseñado para captar a curiosidade dos participantes e dirixila cara ao achado das posibilidades de mellorar o mundo que nos rodea. En termos máis concretos, os nenos terán que construír unha maqueta con pezas de LEGO e logo realizar un póster ilustrativo da súa experiencia.
Segundo engade a Universidade da Coruña, nestas actividades teñen concorrido xa uns 285.000 estudantes de máis de 80 países, aplicando conceptos tecnolóxicos do mundo real, investigando os desafíos científicos do presente, desenvolvendo habilidades de traballo en equipo e, en definitiva, “aprendendo aos propios profesores o que precisan aprender e de que maneira queren aprendelo”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?