Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CDTIC acollerá a vindeira semana a presentación da aplicación Garagapp
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CDTIC acollerá a vindeira semana a presentación da aplicación Garagapp

Redacción
Publicado: 30/01/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

garagapp.jpgA Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) vén de anunciar a presentación da aplicación Garagapp, que terá lugar o vindeiro 5 de febreiro no Centro Demostrador TIC. A dita sesión, que se desenvolverá en horario de 12.30 a 14.00 horas, amosará o engrenaxe da devandita app para a apertura de portas automáticas de garaxe. Dicir que os asistentes poderán coñecer o funcionamento da aplicación Garagapp ou as necesidades de cara á súa distribución.
E a quen vai encamiñada esta sesión? Pois pode resultar de interese para administradores de fincas, instaladores de portas e sistemas de apertura automática, construtores ou promotores urbanísticos e empresas. Encargarase de levar a cabo a demostración Possible Inc, unha compañía de software especializada en aplicacións móbiles e webs complexas, así como todo tipo de aplicacións de software para calquera sector.
Para participar nesta actividade cómpre inscribirse na web do CDTIC. A asistencia é de balde, sendo aínda posible anotarse para asistir, xa que as prazas, ata o de agora, non están cubertas. As persoas que non poidan acudir á demostración poderán seguila a través de streaming.
E cal sería a utilidade real de Garagapp? Esta aplicación permite abrir e pechar garaxes sen necesidade de mando a distancia e empregando simplemente o móbil. Instálase un receptor ao lado da porta que simula un mando do garaxe e introdúcese unha clave na aplicación. Pódese mesmo ter máis dunha porta asociada á app (porta da casa, porta da oficina…). Por 3G ou Bluetooth, o móbil conéctase ao receptor e cando se preme o botón ábrese ou péchase a porta.
Para rematar, sinalar que a aplicación Garagapp é un dos proxectos nos que está a participar na primeira convocatoria da iniciativa Galicia Open Future (GOF), impulsada por Telefónica en colaboración coa Xunta.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?