Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPEIG informou dende El Corte Inglés de Santiago das cousas que debemos facer para protexer a información
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPEIG informou dende El Corte Inglés de Santiago das cousas que debemos facer para protexer a información

Redacción
Publicado: 02/02/2015
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

cpeig_corte_ingles_datos.jpgO pasado mércores 28 conmemorouse a nivel internacional o Día Europeo da Protección de Datos e unha das entidades galegas máis comprometidas á hora de salientar o valor do coñecemento e a comunicación nas mellores condicións, o CPEIG, celebrouno con diversas accións divulgativas convocadas coa arela compartida de pór de relevo consellos útiles para a cidadanía. As accións máis destacadas foron dúas, por unha banda o emprazamento dun stand informativo no Centro Comercial Compostela na xornada do 28 e, pola outra, o subministro dende a web do Colexio dunha serie de consellos a ter moi en conta para evitarmos, como integrantes que somos da sociedade dixital, que a información en troques dunha vantaxe remate por converterse nun problema.
Polo que se refire ao posto informativo situado no Centro Comercial Compostela (El Corte Inglés), sinalar que contou coa presenza da enxeñeira colexiada Pilar Vila, que asesorou (desde as 19 horas ata as 22) aos clientes do emprazamento comercial compostelán sobre aquelas medidas necesarias para que os usuarios de Internet garantan a súa privacidade. O CPEIG puxo a disposición dos clientes folletos informativos que elaborou o propio Colexio para contribuír a que a sociedade galega tome conciencia da necesidade de incorporarse á cultura da protección de datos.
Ao fío da dita celebración e aproveitando as cuestións que pon de relevo, o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia informou que considera de “moito interese” que a sociedade galega “tome conciencia da necesidade de incorporarse á cultura da protección da información”. En base a isto, o CPEIG divulgou dende a web de seu e dende o stand compostelán unha listaxe de consellos para contribuír a “unha sociedade dixital na que a cidadanía debe ser consciente tanto de todas as oportunidades coma dos riscos que ofrece a Internet”. A continuación, damos conta novamente das devanditas recomendacións:
· Antivirus. Cómpre actualizar decote o software antivirus e de seguridade. Tamén é preciso configurar o software do navegador coas opcións de seguridade máis restritivas.
· Executables. O CPEIG recomenda non descargar programas executables ou ficheiros que sexan susceptibles de conter “software malicioso”. É axeitado que protexamos o noso equipo con programas “devasa” e de detección e eliminación de “software espía”.
· Identificadores. O intercambio e a entrega de datos de carácter persoal e bancarios debe efectuarse nos sitios web que dispoñan de protocolos seguros e de política de privacidade. Nunca debemos achegar información sobre os nosos identificadores de usuario e moito menos sobre as claves de acceso. O CPEIG aconsella: “Sexa especialmente rigoroso en avisos de sorteos, ofertas telefónicas ou promocións comerciais de calquera tipo”.
· Contrasinais. Debemos manter contrasinais distintos para cada web ou servizo que sexan de abondo longos e difíciles de adiviñar. Temos que procurar non usar o PIN dunha tarxeta de crédito, nin a data de nacemento, nin palabras do dicionario ou diminutivos. Conveñen palabras nas que se combinen maiúsculas, minúsculas, números e outros caracteres especiais permitidos, (“iogur.de#piña”, “meu-can.ch4mase-Roque”) que nos sexan doados de lembrar aínda que difíciles de adiviñar a un terceiro.
· Wi-Fi. O CPEIG aconsella emprestar particular atención ás redes sen fíos abertas. A información vai sen protección, logo é susceptible de ser interceptada e utilizada con fins non autorizados. É doado obter os datos de acceso da gran maioría das redes. Recoméndase usar os últimos protocolos dispoñibles cando sexa posible (WPA/WPA2).
· Buscadores. Debemos ter en conta que o uso dun buscador xera tratamentos de información, que serán empregados como mínimo para ofrecer anuncios personalizados. Convén coñecer as políticas de uso do buscador que máis empreguemos. Os buscadores poden permitir obter perfís completos sobre a nosa información pública en Internet.
· Cookies. Borrar con regularidade as cookies e os arquivos temporais de Internet, así como o historial de navegación, especialmente cando se acceda a Internet dende un computador ao que teñan acceso outras persoas.
· Spam. No caso de recibirmos correos non desexados (spam), non debemos enviar unha resposta, xa que estaremos confirmando a validez do noso enderezo electrónico. É conveniente desactivar a opción que envía un acuse de recibo ao remitente das mensaxes lidas do sistema de correo electrónico
· Correo electrónico. Cando enviemos mensaxes de correo electrónico a diferentes destinatarios, cómpre empregar o campo “Con Copia Oculta (CCO)”. No caso de envíos masivos utilizar ‘listaxes de distribución’.
· Redes sociais. Debemos garantir a seguridade da nosa información nas redes sociais mediante unha configuración axeitada do noso perfil e empregando contrasinais. Non temos que esquecer que os buscadores poden permitirlle a un terceiro obter a información pública dos perfís.
· Imaxe. A imaxe é un dato de carácter persoal cuxa difusión ou acceso non autorizado pode ser particularmente molesto ou daniño. Ao publicar unha foto ou escribir nun foro podemos estar incluíndo información sobre outras persoas. Debemos ser conscientes de que temos que respectar os dereitos desas persoas.
· Cámaras web. Antes de instalarmos unha cámara web que reproduza imaxes na Internet, é de obriga que nos aseguremos de que a captación sexa o menos intrusiva posible. Asemade, temos que garantir a seguridade impedindo o acceso non autorizado a imaxes captadas por este tipo de cámaras.
· Nenez. Cómpre educar a nenas e nenos no uso seguro das redes e acompañalos na súa navegación. Cómpre adoptar medidas de seguridade física e informáticas para os cativos, como a situación do ordenador na casa ou unhas horas determinadas de uso.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?