Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Aula TIC PEME lánzase a formar a emprendedores e profesionais en tendas virtuais con Prestashop
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Aula TIC PEME lánzase a formar a emprendedores e profesionais en tendas virtuais con Prestashop

Redacción
Publicado: 03/02/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

aula_tic_peme_prestashop_curso.jpgA Aula TIC PEME (ATP) da Universidade de Santiago de Compostela vén de informarnos da vindeira celebración dun curso de gran interese para os presentes e futuros profesionais galegos do comercio electrónico en calquera das súas manifestacións. Trátase da sétima edición do Curso Online sobre Xestión de Tendas Virtuais empregando Prestashop, unha actividade formativa que se desenvolve cen por cen en modalidade en liña e cuxos materiais docentes atópanse actualizados á máis recente versión estable da dita plataforma de ecommerce. Segundo engade a Aula, terá unha duración de 50 horas e celebrarase do 20 de febreiro de 2015 ao 27 de marzo de 2015.
O prezo xeral ascende a 50 euros, malia que os alumnos e ex-alumnos da Universidade de Santiago de Compostela poderán gozar dun desconto do 50% no prezo (deste xeito, o prezo do curso sería de 25 euros, cousa ao que cómpre engadir a posibilidade de obtermos descontos importantes para grupos de participantes no curso). A actividade está sobre todo dirixida a responsables de Pequenas e Medianas Empresas (PEME), autónomos e, en xeral, calquera outra persoa con interese no potencial de crecemento e innovación empresarial que achega o comercio electrónico. Aqueles participantes que finalicen satisfactoriamente o obradoiro recibirán un diploma acreditativo da Aula TIC PEME da USC. Para as persoas que desexen solicitar máis información sobre a actividade formativa, dicirlles que poderán enviar un correo electrónico a atpemes@usc.es. Para inscribirse e reservar praza é preciso encher un formulario online. A Aula lembra que o número de prazas é limitado. Tamén salienta que está a realizar o sorteo dunha praza para dito curso en Facebook.
O curso, sinalan os organizadores, é un curso inserido plenamente no tempo que estamos a vivir, un contexto “no que o uso da Rede é maior cada día e ante o que as empresas non poden adoptar unha postura de indiferenza e pasividade”. Así, engaden, “coa evolución de Internet e a existencia dos dispositivos móbiles (tabletas, smartphones), os usuarios están de continuo conectados á Rede e, desta forma, poden satisfacer as súas necesidades con tan só un clic”. Entre as consecuencias directas disto figura a seguinte: nos últimos anos, as cifras correspondentes ás vendas de comercio electrónico sobre o total de vendas das empresas españolas víronse incrementadas.
Durante o desenvolvemento deste taller utilizarase a plataforma de software libre Prestashop Cartium. O contido do curso inclúe: instalación e posta en marcha da aplicación, administración dos clientes e dos empregados, manipulación do catálogo de produtos, xestión dos pedidos e dos pagos, análise estatística dos datos e achegamento a outras ferramentas. Trátase dun obradoiro eminentemente práctico, baseado en software libre e, polo tanto, de código aberto. Impártese integramente de forma virtual a través dun espazo en liña habilitado para tal efecto.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?