Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo achega aos concellos novos servizos tecnolóxicos e xurídicos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo achega aos concellos novos servizos tecnolóxicos e xurídicos

Redacción
Publicado: 03/02/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

A Deputación de Lugo segue a traballar en fornecer ás administracións locais da provincia novas prestacións tecnolóxicas e xurídicas para axilizar a súa actividade. A través de CooperaTIC, iniciativa do InnovaTE, o organismo provincial ofrece aos 49 municipios incluídos en dito programa europeo a adquisición e instalación dun novo sistema software, a elixir polas entidades locais, por un valor máximo de 10.000 euros. Asemade, dende a área de Cooperación e Asistencia ós Concellos, o organismo lucense puxo a disposición de 67 municipios o acceso a unha completa base de datos xurídicos, “aforrándolles os 4.000 euros que suporía a cada entidade a súa compra”.
Segundo sinala a Deputación, a listaxe de actividades que se facilitan dende CooperaTIC son moitas e variadas. Por exemplo: módulos de interoperabilidade coa factura electrónica; aplicacións de contabilidade ou de xestión administrativa; ferramentas de deseño, de xestión de redes sociais ou comunicación; programas de seguridade e antivirus; solucións de almacenamento na nube, etc. Para solicitar estes servizos ou pedir máis información, a Deputación habilita os números 982 260 110/982 260 105/ 982 260 135, e o enderezo electrónico innovate@deputalucionlugo.com. O obxectivo da institución luguesa “é reforzar as prestacións tecnolóxicas aos municipios logo de datos de sede electrónica, páxinas web, sistemas operativos, paquetes ofimáticos ou novo equipamento”.
A maiores, como dixemos, a Deputación está a fornecer a todos os concellos lugueses “dunha completa base de datos xurídicos na que poden consultar toda a lexislación debidamente actualidade ou a colección da xurisprudencia existente”. Coas claves correspondentes, que as administracións locais deben solicitar ao organismo provincial, poden acceder á base de datos dende deputacionlugo.gal e seguindo a ligazón Servizos en liña para os Concellos. No portal, amais de base de datos xurídicos, os municipios contan con servizos de asistencia en materia económica-financeira, urbanística, recursos humanos, contratación ou medio ambiente.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?