Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Consello da Cultura Galega dixitalizará centos de documentos de Filgueira Valverde
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Consello da Cultura Galega dixitalizará centos de documentos de Filgueira Valverde

Redacción
Publicado: 03/02/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

ccg_filgueira_valverde_sinatura-convenio.jpgO Consello da Cultura Galega presentou este martes un novo proxecto de seu para preservar o noso pasado e noso legado cultural a través das novas tecnoloxías. Máis polo miúdo, o CCG formalizou un acordo coa Fundación Filgueira Valverde para dixitalizar documentación do polígrafo pontevedrés, nado en 1906 e falecido en 1996, compañeiro de xeración de boa parte dos nosos máis senlleiros galeguistas (Castelo, Otero Pedrayo, Vicente Risco), cos cales mantivo unha longa relación epistolar. Froito desta relación foron as máis de 500 cartafoles con cartas que repousan no Museo de Pontevedra. Todas elas, xunto con outros documentos, serán dixitalizadas polo Consello da Cultura Galega en virtude do dito acordo, asinado polo presidente desta institución e máis por Fernando Filgueira Iglesias, fillo e presidente da Fundación Filgueira Valverde.
Tamén participou Ana Isabel Vázquez, deputada da Área de Cultura da Deputación de Pontevedra e Carlos Valle, director do museo.
O acordo foi asinado no que foi, durante anos, o despacho de Filgueira Valverde e no que aínda se conserva a que foi a súa mesa de traballo. Segundo apunta o CCG, o material a dixitalizar comprende dous tipos de documentos. Dunha banda consiste no seu epistolario, nomeadamente as cartas con correspondentes de relevancia para a historia a cultura de Galicia como son Castelao, Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco, Ramón Cabanillas, Álvaro Cunqueiro, Fernández del Riego, Álvaro Gil Varela, Iglesia Alvariño, Prudencio Landín Carrasco, Florentino López Cuevillas, Antón Losada Diéguez, Ramón Martínez López, Valentín Paz-Andrade, Lois Tobío (a correspondencia destes dous últimos persoeiros xa se pode consultar desde a web do Consello da Cultura Galega), entre outros.
Da outra banda, os traballos de dixitalización tamén comprenden os papeis e notas persoais que documentan a súa relación con diferentes institucións culturais galegas, como o Seminario de Estudos Galegos, o Instituto Padre Sarmiento e o Consello da Cultura Galega así como material relacionado co Estatuto de Galicia e o seu labor no Partido Galeguista en Pontevedra. “O número total de documentos, entre cartas e outros materiais, rolda os 20 000”, informa o CCG, que tamén sinalou que “a gran vantaxe do fondo de Filgueira Valverde é que foi unha persoa que estivo moi activa durante moito tempo, que era moi ordenado e que conservou todo, desde as notas dos instituto, ata os recibos médicos”.
Por certo que os materiais que se dixitalizarán poñeranse a disposición da cidadanía “á maior brevidade posible”.
O acordo asinado este martes, segundo fixo saber o CCG, insírese nunha liña de traballo da entidade galega con alcance moito máis amplo. Trátase dun proxecto que acubilla “unha importante colección de arquivos persoais e fondos privados doados ou cedidos á institución”. Do que se trata é de dixitalizar e preservar arquivos de persoeiros como Valentín Paz-Andrade, Luís Seoane, Manuel Puente, Xosé Benito Abraira, Isaac Díaz-Pardo, Lois Tobío, Silvio Santiago ou Ramón Piñeiro. A día de hoxe, engade o CCG, a colección inclúe máis de 25 000 documentos, entre cartas, postais, tarxetas de visita, manifestos ou apuntamentos, orixinais ou copias. A maior parte deles xa se poden consultar desde a web da institución.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?