Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Egatel e Gaélica Solar amosan as súas solucións perante o embaixador de Gambia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Egatel e Gaélica Solar amosan as súas solucións perante o embaixador de Gambia

Redacción
Publicado: 04/02/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

A visita do embaixador de Gambia á Tecnópole de Ourense nunha imaxe do Faro de Vigo
A visita do embaixador de Gambia á Tecnópole de Ourense nunha imaxe do Faro de Vigo
Este martes o Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) recibiu a visita do embaixador de Gambia en España, Lang Yabou, co obxectivo de coñecer de primeira man os servizos e as solucións que ofrecen as empresas acubilladas no Parque e que sexan de interese potencial para o seu país, “un país que require achegas innovadoras para paliar as súas necesidades máis urxentes”, sinalaron fontes da Tecnópole. Deste xeito, Lang Yabou tivo a oportunidade de entrar en contacto cos responsables da empresa Gaélica Solar e Egatel (que lle presentou os seus equipamentos de telecomunicacións, xa presentes en Arxelia, Tanzania, Marrocos e Túnez).
O xerente de Gaélica Solar, Manuel Eirín, obsequiou ao embaixador cun kit de bombeo solar, que permite o bombeo directo de auga utilizando enerxía solar captada a través dun panel fotovoltaico, e cun sistema autónomo de iluminación, tamén a través de enerxía solar, para que os envíe ao seu país e poidan comprobar a súa efectividade. Tamén lle amosou os alimentadores solares automáticos para gando. “Estas”, sinala a Tecnópole, “serían as solucións tecnolóxicas orientadas a mellorar a actividade agrogandeira do país, da que depende o 75% da poboación”.
Como dixemos, Lang Yabou tivo tamén ocasión de coñecer a Javier Taibo e José Manuel M. Mariño, director xeral e director de vendas de Egatel, respectivamente. Os representantes da empresa, en palabras da Tecnópole “a principal provedora de transmisores de televisión dixital en España”, presentáronlle os seus produtos, dirixidos ao mercado profesional de operadores e canles de TV. Egatel, que iniciou en 2001 a venda de produtos no mercado internacional, conta con clientes en 25 países. Entre eles, xa está a subministrar equipos para a extensión da cobertura de TDT a varios países africanos: Alxeria, Tanzania, Marrocos e Tunisia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?