Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Concello de Santiago e a Xunta apostan polo equipamento común de telecomunicacións
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Concello de Santiago e a Xunta apostan polo equipamento común de telecomunicacións

Redacción
Publicado: 04/02/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Torre de Retegal en San Marcos, Santiago
Torre de Retegal en San Marcos, Santiago
A Xunta de Galicia e o Concello de Santiago van compartir infraestruturas de telecomunicacións. Así o fixeron saber este mércores representantes de ámbalas administracións, por unha banda a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Mar Pereira, e pola outra o alcalde do Concello de Santiago, Agustín Hernández, que asinaron un acordo encamiñado a achegar sustentabilidade e rendibilidade no ámbito das telecomunicacións locais. O convenio fixa polo tanto un aproveitamento recíproco das instalacións e o equipamento de ambas administracións para o desenvolvemento de redes de telecomunicacións no municipio.
O acordo, sinalaron, permitirá “compartir activos autonómicos e locais como torres de antenas, canalizacións, galerías de servizos e fibra óptica, existentes no termo municipal para favorecer a modernización das comunicacións internas e externas de ambas administracións”. Seguindo apuntaron, esta iniciativa conxunta xogará a prol dunha redución importante no fornecemento de nova obra civil e posibilitará, ademais, que o Concello de Santiago poida instalar equipamentos de telecomunicacións municipais en infraestruturas da Administración autonómica, ou que a Xunta de Galicia poida empregar as canalizacións municipais para estender fibra óptica entre os seus edificios.
A medida insírese nun dos obxectivos da Lei 3/2013, do 20 de maio, de impulso e ordenación das infraestruturas de telecomunicacións de Galicia que é “fomentar a cooperación e a coordinación entre os distintos niveis da Administración Pública, e entre estas e os operadores de telecomunicacións, para promover despregamentos máis eficientes e respectuosos coa contorna urbanística e o medio ambiente”.
Mar Pereira, amais de dar a coñecer os detalles do acordo, sinalou que en Santiago, as medidas incluídas no Plan de Banda Larga que impulsa AMTEGA facilitaron xa o acceso á Internet (a través de redes fixas e sen fíos), a 13.688 habitantes de 51 núcleos do termo municipal que carecían de cobertura de Internet. “Estas actuacións”, dixo, “supuxeron un investimento público-privado de máis de 840.000 euros e incrementaron a porcentaxe de poboación con acceso á Rede no municipio do 85,5% a máis do 98%”.
Tamén sinalou que a día de hoxe máis do 78% da poboación dispón de cobertura de redes de fibra óptica que permiten velocidades de máis de 100 Mbps e a fibra óptica está presente no polígono industriais do Tambre e nos parques empresariais de Costa Vella e A Sionlla.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?