Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os responsables de Appladin abren rolda de financiamento para levar a aplicación ao eido internacional
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os responsables de Appladin abren rolda de financiamento para levar a aplicación ao eido internacional

Redacción
Publicado: 04/02/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

appladin.jpgEntre as aplicacións de raizame galega que se deron a coñecer ao longo do ano que vimos de deixar atrás, sen dúbida entre as máis salientables atópase Appladin, unha ferramenta de gran interese empresarial, laboral e social e que se dirixe, basicamente, a botar unha man aos internautas que estean á procura dun posto de traballo. Dito doutro xeito: estamos ante un recurso móbil que conecta autónomos e clientes, profesionais e contratantes, segundo a súa situación xeográfica. Segundo nos contou en novembro Alberto Rodríguez, socio fundador da iniciativa, o obxectivo deste desenvolvemento pasa por contribuír a que nos afagamos aos novos xeitos de atopar traballo, xa que as formas mudaron, e tamén pasa por converter a tarefa de buscar un posto laboral en algo que se poida facer en calquera intre e lugar. Agora, o novo obxectivo é acadar 240.000 euros para espallar a iniciativa no eido internacional.
Segundo se fai saber dende a revista Eco (Eixo Atlántico) reflectindo fontes directas dos creadores de Appladin, esta vén de abrir a súa primeira rolda de financiamento tras comezar a actividade de seu con capital privado. Isto que significa? Pois basicamente que calquera de nós pode participar no proceso de crecemento con cifras que parten dos 1.000 euros de contribución. A meta, como dixemos, será impulsar a presenza de Appladin noutros mercados, dado o seu elevado potencial (xa conta con máis de 11.000 usuarios en España). Segundo apunta Alberto Rodríguez, “dende o principio estivo claro que ía haber demanda e mercado”. Os meses recentes foron meses de “éxito repentino”, engade, e este proceso de medre fulminante fíxolles pensar a Alberto e aos seus compañeiros “que a idea tamén podía funcionar noutros moitos países”. Como dixemos, o obxectivo é chegar aos 274.000 euros, e xa se recadou a metade do total.
Sobre o seu funcionamento e o seu alcance
Appladin, en palabras dos seus creadores “a primeira aplicación de emprego do sector servizos”, achégase con descarga e rexistro de balde. Unha das súas principais características, a maiores do devandito, é a marxe de manobra que pon a disposición do usuario. Así, con esta aplicación é o propio demandante ou ofertante quen ten o control da xestión do servizo ou os servizos. Ademais, pon en contacto directamente a ofertante e demandante, adaptando así ao mellor profesional para cada servizo ou traballo.
Pódese descargar en calquera teléfono móbil desde Apple Store ou Google Play. Dispón de valoración e opción denuncia para mellorar a calidade do servizo así como para premiar aos máis salientables profesionais de cada área. Desta maneira, un usuario poderá ter referencias de calquera profesional antes de contratar o seu servizo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?