Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A muller emprendedora e as TIC, protagonistas do viveiro da Cámara de Comercio de Santiago en 2014
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A muller emprendedora e as TIC, protagonistas do viveiro da Cámara de Comercio de Santiago en 2014

Redacción
Publicado: 05/02/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

mybibjoy.jpgA Cámara de Comercio de Santiago vén de informar de novidades relativas ao seu viveiro de empresas, a xuízo da entidade “a primeira incubadora galega con máis iniciativas creadas por mulleres ao longo de 2014”. En termos concretos, o programa de apoio á muller da Cámara rexistrou 489 usuarias, 606 demandas de asesoramento, ademais de crear 89 empresas e 35 postos de traballo asalariado durante 2014. Precisamente a través deste programa materializouse o proxecto de tenda en liña que constitúe unha das últimas incorporacións ao viveiro. O establecemento virtual Mybibjoy.com foi posto en marcha pola emprendedora Paula Calveira e consiste en achegar á Rede moda infantil centrada no deseño e fabricación exclusiva de babeiros.
A empresa, sinala a Cámara de Comercio, naceu baixo a filosofía de ser un negocio próximo e accesible “que sempre atende aos seus clientes”. De aí a súa metodoloxía cen por cen envorcada nas posibilidades da Rede, que borra os límites espaciais de toda índole que poida haber entre cliente e empresa. En definitiva, “a creación da tenda online fornece os babeiros ao cliente final”, engade a entidade cameral, que tamén salienta o caso da Asesoría Medea, outra iniciativa incorporada en 2014 ao viveiro e outro exemplo de emprendemento innovador feminino. Trátase, máis polo miúdo, dunha compañía centrada en prestar servizos e asesoramento a empresas e novos empresarios, cunha forte aposta polo medio ambiente e facendo uso das novas tecnoloxías. A súa responsable é Lorena Pérez.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?