Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CITIC recunca no foro Transfiere amosando proxectos e procurando novas alianzas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CITIC recunca no foro Transfiere amosando proxectos e procurando novas alianzas

Redacción
Publicado: 05/02/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

transfiere_2015_-_andalucia_tech.pngOs vindeiros 11 e 12 de febreiro, o CITIC participará por terceiro ano consecutivo na cuarta edición de Transfiere, Foro Europeo para a Ciencia, Tecnoloxía e Innovación. Segundo apuntan fontes do centro tecnolóxico coruñés, o cometido será, unha vez máis, dar a coñecer as capacidades e proxectos de investigación do CITIC e pór en práctica a fórmula da transferencia de coñecemento (do CITIC ás empresas e dende estas, a xeito de feedback, de volta para o CITIC). “Durante dous días”, sinalan, “trataremos de buscar alianzas co sector empresarial que resulten en colaboracións estables sobre liñas de investigación de interese para o CITIC e a empresa, co obxectivo de facela máis innovadora e competitiva”.
Jesús M. Díaz, responsable de Promoción Tecnolóxica do CITIC e representante deste en Transfiere, informa que un dos seus principais obxectivos é “facer chegar ao tecido produtivo e á sociedade os beneficios das investigacións do centro”. E engade: “A participación nestes foros é moi importante para dar a coñecer toda a nosa capacidade, as nosas 12 áreas tecnolóxicas e os traballos que realizan os máis de 250 investigadores adscritos ao CITIC”.
O centro coruñés tamén lembra que na pasada edición o foro logrou xuntar a máis de 1.800 profesionais, procedentes de 375 empresas líderes en I+D+i, 268 grupos de investigación e 52 universidades.
Por certo que a cuarta edición de Transfiere (en galego Transfire), vai ter máis presenza galega alén do CITIC. A cita contará entre os seus promotores co Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e entre as entidades que van participar (amosando a través de xeiras de networking as súas investigacións) coas tres universidades galegas (USC, UDC e UVigo) e máis co Instituto Tecnolóxico de Galicia, entre outros organismos e entidades. En total, procedentes de todos os recantos do Estado, participarán un total de 45 plataformas tecnolóxicas. Segundo informa a organización do evento, estamos ante a cita estatal de referencia en materia de transferencia tecnolóxica e investigación.
Haberá reunións de traballo, conferencias, obradoiros e espazos de networking. Ademais, estarán representados todos os sectores produtivos: novas tecnoloxías da información, agroalimentario, enerxía, industria, infraestrutura e transportes, medio ambiente, sanidade, administracións públicas e, por primeira vez, o sector aeronáutico e aeroespacial.
“A través da súa presenza en Transfiere 2015”, informaron os días pasados os responsables directos do evento (Concello de Málaga, Palacio de Congresos e Exposicións de Málaga) o foro aglutinará “toda a demanda de tecnoloxía e innovación dos diferentes sectores, polo que constitúe unha ferramenta única para investigadores e empresas”. A idea, a maiores, é acadar obxectivos e repercusión máis aló dos devanditos dous días de celebración. Ou sexa, que o que se pretende é lograr “unha vixencia permanente”. De feito, a través do seu comité debátense e avalíanse de continuo (antes e despois da celebración do foro) as tendencias da innovación en España, que despois acaban por reflectirse en detalle nos contidos do evento.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?