Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os clientes de Ono frean a caída de ingresos de Vodafone
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os clientes de Ono frean a caída de ingresos de Vodafone

Redacción
Publicado: 05/02/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

apertura-vodafone-ono.jpgVodafone vén de amosar as súas cifras relativas ao último trimestre de 2014, un período que se salda cunha freada da caída de ingresos (o descenso foi do 8,9%, contrastando co 9,3% e o 15,3% de caídas nos períodos previos) e cun medre considerable no seu número de clientes, crecemento aplicable non só aos usuarios de telefonía móbil senón tamén de redes fixas. Así, a carteira dos primeiros usuarios medrou en 31.000 altas ata acadar a cifra de 14.8 millóns, incluíndo as cifras conxuntas de Vodafone e Ono. A base de usuarios de liñas fixas tamén subiu en 70.000 novos usuarios, chegándose a un total de 2.776.000, dos que cales 1.595.000 pertencen a liñas de fibra óptica.
Polo que respecta aos ingresos, seguen a ser negativos, aínda que en menor medida se os comparamos cos períodos previos. Con respecto ao acontecido o ano anterior, Vodafone ingresou un 8,9% menos respecto ao ano 2013. As cifras de negocio fixo, pola súa banda, aumentaron nun 9,9% en comparación ao mesmo período do ano anterior, sendo esta suba unha das principais razóns da recuperación de Vodafone en España en relación aos períodos anteriores de 20014. Os ingresos por servizo, tendo tamén en conta as cifras de Ono, acadaron os 1.171 millóns de euros.
Polo que atinxe á integración de Ono, empresa española recentemente adquirida por Vodafone, en palabras desta compañía “avanza de acordo aos plans previstos”. Isto quere dicir que dende o 25 de agosto existe unha oferta cruzada para os clientes de ambas as compañías, que Vodafone xa emprega a rede de fibra de Ono na súa transmisión e que a firma adquirida xa se beneficia das economías de escala de Vodafone na compra dos seus terminais. Ademais, “séguese avanzando na integración das oficinas das dúas organizacións”, engade Vodafone, que explica tamén que “as iniciativas de integración marchan segundo o contemplado e permitirán xerar unhas sinerxías previstas en valor actualizado de 2.000 millóns de euros en custos e 1.000 millóns de euros en ingresos”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?