Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPEIG envorcouse na reivindicación da muller nas TIC ao abeiro da Semana Anita Borg
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPEIG envorcouse na reivindicación da muller nas TIC ao abeiro da Semana Anita Borg

Redacción
Publicado: 06/02/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

cpeig_semana_anita_borg.jpgOs días pasados celebrouse na Facultade de Informática da Coruña a Semana Anita Borg, aniversario da científica e investigadora americana que serviu, entre outras cousas, para promover o papel da muller no mundo das novas tecnoloxías. Como lembramos esta semana, na celebración participaron algunhas das entidades galegas que máis traballan no impulso das TIC e na loita contra a fenda tecnolóxica (docente e profesional) de xénero, non só a propia FIC senón tamén o CITIC. A maiores, concorreu o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, CPEIG, entidade que xa ten unha longa experiencia na reivindicación da muller na Sociedade do Coñecemento e na elaboración de estudos que rastrexan as causas principais da baixa presenza de rapazas nos estudos informáticos.
Volvendo á Semana Anita Borg e dos actos desenvolvidos na Coruña, contou coa presenza do presidente do CPEIG, Fernando Suárez, que acudiu o pasado xoves, día 28, á Facultade de Informática para achegar a súas reflexión sobre a situación laboral das TIC. Suárez realizou unha descrición xenérica da profesión e aludiu logo ao estudo sobre a situación laboral da mesma realizado polo CPEIG, así como á crecente importancia da informática na sociedade actual. Fernando Suárez fixo referencia ás perspectivas de futuro, cunha alta demanda de profesionais, e subliñou os 900.000 postos de traballo que xerará a profesión na Unión Europea nos vindeiros anos. Tamén salientou a escaseza de mulleres nun sector “altamente masculinizado”, cunha falla de referentes e un importante descoñecemento da profesión. Como consecuencia desa masculinización, Suárez subliñou “a perda de talentos e apuntou posibles accións para mitigala, entre outras: actuacións en idades temperás para evitar a fenda de xénero e prexuízos, así como a necesidade de facer visibles referentes femininos na Enxeñaría Informática”.
O CPEIG participou tamén no concurso WikinformáticA, dirixido ao alumnado de secundaria que tivo que elaborar unha wiki en galego sobre mulleres destacadas na historia das tecnoloxías da información. Os alumnos e alumnas participaron en grupos coordinados por un profesor do seu centro. Os equipos gañadores recibirán unha impresora 3D patrocinada polo CPEIG e unha visita ás instalacións de R na Coruña.
Deste xeito, o grupo Agra_Hipatia, do IES Agra de Raíces de Cee, mereceu o primeiro premio e recibirá a impresora. Pola súa banda, o equipo Vdemar, do IES Virxe do Mar de Noia, levou o segundo premio e visitará as instalación de R. Asemade, o xurado do concurso tivo unha mención especial para As_revoltas_2, do CPEI As Revoltas de Cabana de Bergantiños e para o grupo Agra_Wonerburger, do IES Agra de Raíces de Cee. En total, participaron no certame 232 alumnos e alumnas de 11 centros de toda Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?