Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: GALPon perfila o programa do primeiro editatón da Galipedia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Software libre

GALPon perfila o programa do primeiro editatón da Galipedia

Redacción
Publicado: 09/02/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

residencia_altamar_vigo-2.jpgComo xa adiantabamos a finais do mes pasado en Código Cero, Vigo acollerá o 28 de febreiro o primeiro editatón da Galipedia, que terá lugar dentro do 3º ciclo dos Sábados Libres na Residencia Altamar (na imaxe) e que está organizado polo Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra (GALPon). E en que consiste a cita? Pois é unha reunión onde os participantes se xuntan para editar a Wikipedia (neste caso a Wikipedia galega) tanto de forma presencial coma virtual. Cada editatón adoita adicarse a un tema concreto, sendo neste caso o obxectivo crear ou mellorar as entradas existentes na Galipedia sobre cultura libre e software libre.
Máis polo miúdo temas como software privativo, Copiade malditos!, MOOC, Cultura libre, Datos abertos, Licenzas Creative Commons, Hardware libre, Arquitectura aberta, Bitcoin, Educación aberta ou Impresora 3D. Estes son algúns dos artigos que se propón crear, mentres que se quere desenvolver ou corrixir a información existente sobre Arduino, Inkscape, GIMP, Creative Commons, Copyleft, Chamilo, MySQL ou Proxecto GNU.
Se o pasado mes de novembro o primeiro editatón da Galipedia, celebrado en Lugo, centrábase na ciencia e nos seus profesionais, na quenda viguesa sublíñase a importancia “da colaboración da xente do ensino para que achegue a creación de materiais que poidan ter uso nas aulas, ou calquera outra xanela aberta cara o coñecemento”.
Para os interesados en participar, dicir que se pode facer de xeito virtual, dende a casa, colaborando na creación ou mellora destas entradas, pero os seus organizadores instan á asistencia presencial, para incidir nesoutros obxectivos de construción e coñecemento da comunidade. De feito, para ese día 28 está programado un obradoiro de introdución á Galipedia e á edición co Editor visual. Asemade, alén da creación e mellora de artigos relacionados coas tecnoloxías e a cultura libres, dende GALPon tamén sinalan como un obxectivo importante “a colaboración da xente do ensino para que achegue a creación de materiais que poidan ter uso nas aulas, ou calquera outra xanela aberta cara o coñecemento”.
Por último, salientar que dende a organización pregan que aqueles que queiran asistir se inscriban de maneira previa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Software libre

WordPress Credits supera as 50 institucións educativas participantes

09/11/2026
Software libre

GPUL organiza un obradoiro de introdución ao control de versións con Git

03/11/2026
Software libre

Galicia lidera o uso de software libre nas empresas españolas

27/10/2026
Software libre

A Xunta aproba a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre

26/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?