Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Convocada a edición número 15 do concurso de iniciativas innovadoras da USC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Convocada a edición número 15 do concurso de iniciativas innovadoras da USC

Redacción
Publicado: 10/02/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

usc_concurso_proxectos_15.jpgA Universidade de Santiago de Compostela segue adiante cos seus recoñecementos ás iniciativas empresariais xurdidas dende o seu seo e con meirande capacidade de abrir novos camiños e marcar diferencias co feito ata o de agora. Falamos do Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores, un certame que xa vai pola súa edición número 15 e que vén da man do programa Uniemprende (USC). O obxectivo, como dixemos, é estimular e salientar o traballo das estudantes, licenciadas/os ou investigadoras/es que se lancen a abrir novos camiños de mercado e a crear emprego.
Están convocados estudantes e titulados e tituladas de calquera das universidades galegas e dos centros asociados da UNED en Galicia, en calquera área de coñecemento (Humanidades, Ciencias da Saúde, Ciencias Xurídicas e Sociais, Ciencias Experimentais e Ensinanzas Técnicas) que, a título individual ou en equipos, teñan un proxecto empresarial innovador con potencialidade para converterse nunha empresa. Tamén se dirixe a doutoras e doutores, investigadores, alumnos e alumnas de terceiro ciclo, etc., que desenvolvan actividades de I+D en calquera centro de investigación galego. Igualmente, están convocadas as novas empresas xa constituídas ao longo do ano 2014 e durante o período do ano 2015 comprendido entre o 1 de xaneiro e a data de publicación das bases, ou que teñan previsto constituírse durante o ano 2015.
Os premios son os seguintes: Premio de Base Tecnolóxica (con 2.000 euros de contía máis ata 24.000 euros de financiamento mediante préstamo participativo ofrecido por Unirisco Galicia SRC), Premio de Empresa Nova (2.000 euros), Premio Muller Emprendedora (2.000 euros) e Premio á Promoción da Lingua Galega (1.000 euros).
Os proxectos gañadores terán acceso de balde a tres accións formativas (concederanse 2 prazas gratuítas por cada proxecto gañador) organizadas polo Programa Uniemprende no prazo dun ano, unha vez que teñan constituída a súa empresa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?