Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPETIG lembra no Día da Internet Segura que a información privada exposta na Rede non cesa de medrar
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPETIG lembra no Día da Internet Segura que a información privada exposta na Rede non cesa de medrar

Redacción
Publicado: 10/02/2015
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

Marcos Mata, presidente do CPETIG
Marcos Mata, presidente do CPETIG
Este martes 10 de febreiro é unha xornada para reflexionar sobre como queremos que sexa a Sociedade da Información: un sitio libre, si, onde a comunicación o coñecemento estean dispoñibles e ao alcance de todas e todos, pero onde o que queiramos protexer sexa tamén protexido, comezando polos menores de idade. Isto vén a conto porque hoxe é o Día Internacional da Internet Segura e porque, en boa medida, boa parte dos usuarios, profesionais e entidades que traballan nela comparten a devandita arela: a de crear unha Rede libre de atrancos pero tamén de ameazas. Entre estas entidades sitúase o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia, CPETIG, que está a celebrar a xornada cun manifesto sobre as eivas que ten a día de hoxe a Sociedade da Información e as cousas que podemos ir facendo para emendalas dende tódalas frontes.
O CPETIG, para comezar e para poñernos en situación, faise eco dalgúns dos datos incluídos no último Informe sobre Ameazas á Seguridade en Internet realizado por Symantec, no que se revelan datos como o que se refire ao medre das fugas de datos experimentado ao longo de 2013, e que chegou a unha porcentaxe do 62%. “Como consecuencia”, sinala o CPETIG, “ficaron expostas máis de 552 millóns de identidades”. Isto implicou, entre outras cousas, o roubo de información de tarxetas de crédito, de números de identidade, de enderezos en liña e postais, de teléfonos, de datos financeiros, de contrasinais de correos ou de información médica.
Segundo explica ao colexio galego, o que sabemos e coñecemos é só unha porcentaxe dun todo máis amplo. De feito, sinala a entidade que preside Marcos Mata, a meirande parte dos ataques ás organizacións non son denunciados, especialmente en ámbitos bancarios, xa que as empresas prefiren asumir perdas antes que comprometer a súa imaxe pública e xerar desconfianza na súa clientela. “É dicir”, informa o CPETIG, “asistimos dende hai anos a un importante volume de cibercrime de base económica que está mergullado e do que non se teñen datos reais, unha situación posta de manifesto nas recentes Xornadas de Informática Xudicial celebradas en Santiago que organiza o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia”.
Para a entidade profesional galega, por desgraza está moi estendido o hábito da despreocupación no que refire a salvagardar o coñecemento. Polo tanto, explica o colexio, “hai un importante desinterese acerca de políticas de seguridade nas organizacións, sexan públicas ou privadas, e certas condutas que poñen en risco a información e os recursos empresariais e corporativos”. Pero hai máis razóns para preocuparse, insiste o colexio, que fala dunha crecente “deslocalización da actividade empresarial, “unha circunstancia que obriga ás compañías a afrontar desafíos na protección da súa información confidencial, derivados da mobilidade do persoal, e a minimizar a potencial fuga de datos, integrando a seguridade na cultura empresarial e avaliando constantemente os riscos de cada interacción con redes, dispositivos, aplicacións, datos e outros usuarios”.
Para o CPETIG, hábitos como transferir arquivos dun dispositivo laboral a outro doméstico que non estea protexido, usar terminais persoais que non sexan tan seguros como os da oficina ou non empregar un protector de privacidade nun equipo portátil cando traballamos nun lugar público, facilitan o roubo de información. E engade: “Previr a fuga de información é un reto que incumbe ao conxunto da sociedade, profesionais das TIC, persoal con responsabilidades executivas nas organizacións, empregados, particulares, etc… Canto mellor percepción teñamos dos riscos, máis eficaces seremos adoptando as medidas de protección que correspondan en cada caso”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?