Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AIMEN botará man da intelixencia artificial para impulsar a fabricación de compoñentes ceibes de defectos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AIMEN botará man da intelixencia artificial para impulsar a fabricación de compoñentes ceibes de defectos

Redacción
Publicado: 11/02/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Proyecto_MAShES.jpgO Centro Tecnolóxico AIMEN, emprazado no Porriño, vai desenvolver un sistema para incrementar ao máximo a calidade na fabricación de compoñentes de motor e aeronáutica. Con este sistema de control, impulsado a través do proxecto europeo MAShES, reduciranse a cero as devanditas eivas industriais. A ferramenta resultante, equipada con técnicas avanzadas de análise da imaxe e intelixencia artificial, permitirá capturar a moi alta velocidade imaxes multiespectrais (imaxes simultáneas no rango visible e o infravermello) do proceso de fabricación. Máis en detalle, será quen de ver ata no máis mínimo detalle a distribución de temperatura dos elementos “con independencia dos materiais a procesar”.
Isto, sinala AIMEN, non era viable ata o de agora e supón ceibar o camiño para o desenvolvemento de ferramentas de control e seguimento máis eficaces.
Segundo informa a centro galego, a partir destas medicións e en combinación con outras variables (como a xeometría do material, a textura superficial e a velocidade), MAShEs significará a integración dun sistema de seguimento en tempo real dos diferentes parámetros que definen os procesos (potencia, velocidade, modulación, etc.) e co fin de eliminar a aparición de defectos. A maiores, empregaranse técnicas baseadas en intelixencia artificial que permitirán a autoreconfiguración do sistema ante cambios no traballo industrial e/ou nos materiais empregados, “o que dotará de flexibilidade ao sistema e mellorará a calidade do produto final”.
Con este proxecto reducirase ata nun 80% o tempo destinado á configuración da tarefa de fabricación e ata nun 25% o destinado á execución, “levando practicamente a cero os defectos de fabricación”, sinala AIMEN, que tamén apunta que MAShES fornecerá á industria a posibilidade de acadar a chamada “fábrica cognitiva” (baseada en intelixencia artificial) e operada en rede, o que vai contribuír a importantes aforros en enerxía e uso de materiais.
Cun orzamento de 3,67 millóns de euros, MAShES prolongarase ata novembro de 2017, saíndo á luz as versións comerciais dos sistemas nun prazo de 2-3 anos despois da finalización do proxecto.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?