Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os maiores de Burela e A Fonsagrada tiran partido das TIC para pór en valor a súa contorna
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os maiores de Burela e A Fonsagrada tiran partido das TIC para pór en valor a súa contorna

Redacción
Publicado: 11/02/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

depu_lugo_burela_fonsagrada.jpgA Deputación de Lugo segue adiante co seu periplo pola provincia mantendo diferentes encontros cos usuarios e participantes dos seus programas de promoción e afianzamento TIC. Desta volta, tocoulle á vila de Burela, a onde se desprazaron a vicepresidenta segunda, Lara Méndez, e o deputado de Economía do Coñecemento, Alfredo Llano, para xuntarse cos usuarios de Engurras TIC, é un dos programas de balde que a Deputación achega a maiores de 55 anos de toda a provincia, coa finalidade de “fomentar o envellecemento activo a través do emprego das novas tecnoloxías”. O periplo tamén leva á entidade provincial á Fonsagrada, onde se dará conta da vindeira posta en marcha de Memoria Dixital TIC-TAC.
Segundo informa o organismo provincial, os participantes do dito programa en Burela fixeron fotografías e editáronas con dispositivos tecnolóxicos como smartphones, tabletas e ordenadores portátiles, amais de compartilas en redes sociais como Instagram. Por certo que o resultado deste traballo serán expostas no Centro de Formación Ocupacional, que é onde se desenvolveu o propio obradoiro. As mellores fotos entrarán a formar parte dun concurso, que se resolverá o 27 de febreiro.
Polo que atinxe á Fonsagrada, a visita da Deputación levarase a cabo esta tarde. Na cita concorrerán a deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín, e o alcalde da Fonsagrada, Argelio Fernández Queijo, que manterán un encontro con maiores da Residencia Burón, que participarán en Memoria Dixital TIC-TAC, programas gratuíto sobre as novas tecnoloxías que ofrece a Deputación a lucenses de máis de 55 anos. A iniciativa abrangue 9 obradoiros, que se desenvolverán ata o 28 de febreiro en todas as comarcas da provincia. Está aberto a asociacións e centros de maiores de todos os Concellos, agás o da capital. Os interesados poden apuntarse no 982 254 666.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?