Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ribeira e Santiago, distinguidas como Cidades da Ciencia e a Innovación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ribeira e Santiago, distinguidas como Cidades da Ciencia e a Innovación

Redacción
Publicado: 11/02/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

O alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, recollendo o galardón
O alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, recollendo o galardón
A entrega de recoñecementos Cidades da Ciencia e a Innovación 2014, celebrada en Burgos, tivo notable presenza galega. Por unha banda a de Ribeira, que como lembraremos foi distinguida como urbe I+D a finais do ano pasado, salientándose daquela proxectos como a posta en funcionamento dunha plataforma Web-Xis no marco do programa Ribeira Atlántica 2015 (financiado nun 70% con fondos europeos FEDER) e co obxectivo de converter a dita localidade nunha Smart Village. Por outra banda, tamén recolleu a distinción de mans do Goberno central (Ministerio de Industria e Economía) o Concello de Santiago, máis polo miúdo a concelleira de Desenvolvemento Urbano Sostible, Teresa Gutiérrez. En representación de Ribeira, acudiu a Burgos o alcalde, Manuel Ruiz Rivas.
A cita contou coa presenza de alcaldes e concelleiros das novas quince cidades distinguidas co devandito recoñecemento, amais de Ribeira e Santiago. Todas elas pasan agora a incorporarse á Rede Innpulso, unha iniciativa para promover a concorrencia das vilas e cidades do ámbito estatal en todo tipo de xuntanzas e programas internacionais relacionados coa innovación e o desenvolvemento tecnolóxico. A través de Innpulso, tanto Ribeira como Santiago serán consideradas referentes para o emprazamento de infraestruturas científicas e tecnolóxicas de titularidade ou participación estatal. Tamén serán susceptibles de acubillar nodos da rede do Ministerio ou congresos e eventos vencellados á ciencia e á innovación, entre outras cousas.
Foto_de_grupo.jpgA entrega de galardóns tivo lugar no Palacio de Congreso de Burgos, o Fórum Evolución. Estivo presidido pola secretaria de Estado de I+D+i, Carmen Vela, e polo alcalde da localidade burgalesa, Javier Lacalle. E participaron os presidentes actuais da Rede Innpulso, que son os rexedores de Móstoles e Baracaldo.
Segundo fixo saber Ruiz Rivas con motivo do recoñecemento, “este premio supón unha oportunidade para aprender doutras cidades con máis bagaxe có noso no camiño da innovación”. Ademais, explicou que son catro os piares nos que se fundamentou o proxecto de Ribeira como Cidade Intelixente: “En primeiro lugar, a creación dunha Web-Xis que se apoia nas novas tecnoloxías para conquerir un concello máis transparente, máis próximo ao cidadán e máis eficiente na xestión dos servizos públicos; en segundo lugar, a elaboración dun Plan de Mobilidade Urbano Sostible integrado por 46 actuacións encamiñadas a acadar unha maior cohesión territorial; en terceiro lugar, a realización dun Plan de Eficiencia de Residuos Sólidos urbanos que aposta polo xeoposicionamento para a optimización de rutas; e por último, un Plan de Eficiencia Enerxética que suporá que o noso sexa un dos primeiros concellos de Galicia en ter un alumeado exterior integramente de tecnoloxía LED”.
En total, foron quince as novas cidades distinguidas ao longo dun evento de algo máis dunha hora e media de duración. Amais de Ribeira e Santiago, foi salientado o labor Alzira, Ávila, Molina de Segura, Ontinvent, Palencia, Sant Feliú de Llobregat, Alcalá de Henares, Logroño, Mataró, Oviedo, Pamplona, Sabadell e San Cristóbal de La Laguna.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?