A consultora The Social Media Family vén de avaliar a fondo a presenza dos medios sociais nas localidades con meirande poboación do Estado. Como era de agardar no seu estudo, en termos xerais, a máis poboación, máis usuarios. Con todo esta regra non sempre se cumpre e o caso galego é paradigmático disto: á cabeza das urbes galegas con máis comunidade 2.0 non está Vigo (a máis poboada, con 294.997 habitantes) senón A Coruña (244.810 habitantes). Volvendo á clasificación estatal, Madrid con 2,8 millóns de usuarios é a cidade española con máis perfís de Facebook. Isto significa que practicamente a metade da súa poboación ten conta de seu na dita plataforma.
Ademais, o 17% dos seus habitantes está no Twitter, o que tamén sitúa á cidade á cabeza das urbes españolas.
Segundo se apunta no estudo, a suma da presenza en liña das 50 cidades avaliadas representa o 63% do total de usuarios rexistrados no conxunto do Estado en Facebook. No que atinxe a Twitter, a dita porcentaxe sobe ata o 77%. Por comunidades, unha vez máis a de Madrid é máis 2.0, con 3,5 millóns de usuarios en Facebook e outros 576.000 en Twitter.
Volvendo ao que máis nos interesa (o caso galego) e segundo reflicte Eco (Eixo Atlántico), A Coruña atesoura 192.000 perfís de usuarios de Facebook e 30.866 de Twitter, superando a Vigo en 22.000 e 4.885, respectivamente. Ambas son as dúas únicas cidades galegas que figuran no dito informe entre as 50 primeiras de España en uso de redes sociais.
A Coruña é a urbe galega con máis usuarios de Facebook e Twitter
Compartir Este Artigo
