Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: WeKCo arranca en Ribadeo unha xira para levar á mocidade a fórmula do emprendemento Lean Startup
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

WeKCo arranca en Ribadeo unha xira para levar á mocidade a fórmula do emprendemento Lean Startup

Redacción
Publicado: 12/02/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

IES_Porta_da_Auga_4__mini.jpgWeKCo, o espazo coruñés de coworking e innovación empresarial, está a organizar unha serie de xornadas de divulgación sobre metodoloxías para pór en marcha unha nova (en todo o senso do termo “nova”) iniciativa de mercado. As xornadas, enmarcadas na iniciativa WeKCo Labs e impartidas por Simón Caramés (www.blindaxe.com) e Juan Diego Pereiro (www.wekab.com), céntranse en espertar vocacións emprendedoras entre a mocidade galega. Sen ir máis lonxe, na mañá deste mércores 11 celebrouse un evento destas características no IES Porta da Auga de Ribadeo. A cita, que abriu o ciclo relatorios, desenvolveuse baixo o seguinte epígrafe: Actitude e perseveranza, as claves para levar a cabo os teus soños. Ao seu abeiro, alumnos e empresarios deron forma a proxectos innovadoras mediante a fórmula Lean Startup.
A iniciativa foi desenvolvida en colaboración coas áreas de Orientación Laboral e Emprendemento do IES de Ribadeo. A través das súas experiencias empresariais, Simón e Juan Diego transmitiron aos alumnos de Formación Profesional do dito centro a importancia “da actitude e a perseveranza” como elementos crave para levar a cabo os seus soños e proxectos.
20150211_IES_Porta_da_Auga_26__mini.jpgComo dixemos, esta é a primeira dunha serie de tres xornadas que continuarán en marzo e abril con obradoiros prácticos e nos cales os alumnos participantes desenvolverán un proxecto emprendedor empregando a dita metodoloxía, unha fórmula acuñada por Eric Ries en 2008 e que, basicamente, aborda o lanzamento de negocios e produtos baseándose na aprendizaxe validada, na experimentación científica e na iteración nos lanzamentos do produto co obxectivo de acurtar os ciclos de desenvolvemento, medir o progreso e gañar “valiosa retroalimentación dos clientes”, ou sexa feedback. “Desta maneira”, informaron Simón e Juan Diego, “as compañías poden deseñar os seus produtos ou servizos para cubrir a demanda da súa base de clientes, sen necesidade de grandes cantidades de orzamento inicial ou grandes gastos para lanzar un produto”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?