Os pasados días foron moitas as persoas que recibiron un correo electrónico que supostamente era da Seguridade Social e no que se reclamaba o pago de 169,11 euros en concepto de débeda coa Administración. O devandito aviso non só é unha tentativa de suplantación de identidade (neste caso a que sen suplanta é á Seguridade Social) senón que inclúe un virus para espiar computadores. O virus aséntase nos equipos unha vez que a persoa que recibe a mensaxe abre o documento adxunto. Segundo as autoridades, este correo electrónico probablemente ten a súa orixe fóra de España.
O que si que está claro é que dende comezos da semana foi quen de espallarse rapidamente en boa medida grazas a dúas bazas que xogan moito ao seu favor: por unha banda o interese natural que esperta nos cidadáns calquera misiva da Seguridade Social (e máis se estamos falando dunha débeda) e pola outra o ben acabado da súa feitura, ao parecer unha imitación moi lograda das cartas que xeralmente si envía a Seguridade Social. O virus contén un troiano ou programa espía e, da mesma maneira que en múltiples casos anteriores e análogos, o mellor que se pode facer nada máis velo é denuncialo nas redes sociais perante a Policía Nacional ou a Garda Civil e proceder á súa eliminación.
O obxectivo do correo, como é lóxico, é lograr que quen o recibe pague eses 169,11 euros. Trátase pois dunha tentativa de calote virtual en toda regra.
Advirten da rápida propagación dun virus achegado por unha falsa Seguridade Social
Compartir Este Artigo
