Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Auguran que o teletraballo podería chegar en 2015 ao 40% dos españois
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Auguran que o teletraballo podería chegar en 2015 ao 40% dos españois

Redacción
Publicado: 13/02/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

teletraballo-5.jpgEste ano que vén de comezar, a cifra de traballadores que desenvolven o seu labor profesional a distancia vai seguir medrando de xeito considerable. Así nolo contan dende a división española de Arkadin, que vén de facer un estudo sobre a situación do teletraballo no ámbito estatal: a predisposición das empresas para apostar por estas fórmulas, a inclinación dos profesionais, etc. Segundo se apunta, a opción laboral en liña é a todas luces positiva para unha empresa, xa que, entre outras cousas, “aumenta a produtividade ata un 25 %”. Respecto ao ano 2015, Arkadin prevé un importante aumento do teletraballo en España, con arredor do 40% dos cidadáns desenvolvendo o seu labor desta maneira.
Segundo engade a empresa, España ten a tecnoloxía precisa para implantar e estender esta fórmula, “reclamada hoxe polo 57 % de empregados”, pero só o 21,8% das organizacións españolas (segundo datos de INE) teñen hoxe en día programas de traballo remoto dentro da súa estratexia. “Isto”, apúntase, “débese á conxuntura económica e o medo dos directivos a facilitar esta medida”. Porén, a xuízo de Arkadin “a realidade é que o 96 % das empresas están capacitadas para pór en marcha esta fórmula laboral”. Ao seu favor, xogan un importante papel cousas como o importante incremento do número e das capacidades dos teléfonos intelixentes e das múltiples aplicacións que permiten aos traballadores seren produtivos dende calquera recanto.
“Todo isto xerou un escenario laboral en proceso de cambio, onde cómpre adaptarse”, engade a empresa, que informa tamén que aínda que as previsións son boas para España, o país “aínda está por debaixo do que acontece en países asiáticos como India ou China”. De feito, segundo un informe de IDC, en 2010 en Asia había 601,7 millóns de traballadores móbiles, pero as previsións indican que aumentará aos 838,7 millóns en 2015. Máis preto, en países como Reino Unido o uso do teletraballo ascende ao 95% . Só un 26% dos españois realiza algún tipo de traballo desde casa, mentres en Europa a media é dun 35%.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?