Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Estudantes do Campus de Pontevedra traballarán para optimizar o uso das redes sociais en Atresmedia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Estudantes do Campus de Pontevedra traballarán para optimizar o uso das redes sociais en Atresmedia

Redacción
Publicado: 13/02/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_atresmedia_redes_sociais.jpgO grupo audiovisual Atresmedia quere sacarlle punta á súa comunicación nas redes sociais. Para logralo, contará coas propostas de estudantes de varios centros académicos do ámbito estatal, incluído un grupo de seis alumnos e alumnas da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do Campus de Pontevedra, baixo a coordinación do profesor Alberto Dafonte, no marco do Proxecto Mañá do devandito grupo audiovisual. Con esta iniciativa, a compañía busca coñecer de primeira man o que faría a xente nova “se estiveran no lugar dos responsables do grupo”. Esta é a mensaxe que vén de lanzar o presidente de Atresmedia Cine, Mikel Lejarza, que este xoves xuntouse cos participantes galegos de Proxecto Mañá. Nela hai estudantes de varias universidades estatais, e a partir da convocatoria actual (e en virtude do convenio asinado entre Lejarza e o reitor da UVigo Salustiano Mato), tamén dunha universidade galega.
Segundo fixo saber a decana do centro, Emma Torres, foi o propio grupo audiovisual o que seleccionou á facultade para tomar parte na quinta edición deste proxecto docente de innovación, ao que tamén concorren as universidades de Málaga e Navarra, a Pompeu Fabra de Barcelona e a Juan Carlos I de Madrid.
As alumnas de Publicidade e Relacións Públicas Jennifer Álvarez, Susana Basoa e Zoe Calvo e os estudantes de Comunicación Audiovisual Sara Varela, Miguel Grandío e Bernabé Carrillo integran o equipo que, co apoio dos profesores Alberto Dafonte, Silvia García Mirón e Xabier Rolán, representará á Universidade neste Proyecto Mañana. Segundo informa a UVigo, ao igual que ao resto de participantes, corresponderalles analizar a comunicación que a través das redes sociais realizan un programa de televisión e outro de radio do grupo para, a partires de aí, deseñar un proxecto que a finais de xuño ou comezos de xullo presentarán diante do equipo directivo do grupo na súa sede central, en San Sebastián de los Reyes. No seu caso, corresponderalles estudar El Intermedio, de La Sexta, e Radioestadio, de Onda Cero, que lles servirán como casos concretos cos que afondar no impacto das redes sociais na difusión dos contidos audiovisuais. Segundo se recolle no convenio asinado, o grupo premiará aos dous equipos que presenten os proxectos que consideren máis innovadores con cinco bolsas trimestrais para realizar practicas na súa área multimedia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?