O Ministerio de Industria vén de anunciar que financiará ata nun 80% do seu orzamento un total de 13 proxectos ligados ao impulso da Cidade Intelixente, iniciativas das que se beneficiarían ata 27 urbes estatais. O financiamento foi lanzado ao abeiro da primeira convocatoria de Cidades Intelixentes (Red.es) á que estaban convocados os 104 municipios de máis de 20.000 habitantes pertencentes ás comunidades de Andalucía, Castela A Mancha e Estremadura.
En total, tivéronse en consideración na convocatoria 37 iniciativas individuais e colectivas, que representan a 49 municipios. Tralo proceso de valoración, o Ministerio de Industria seleccionou trece iniciativas, que implican un investimento total de 13,1 millóns de euros, cofinanciados pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
O obxectivo da primeira convocatoria de Cidades Intelixentes era escolmar concellos dende levar a cabo iniciativas urbanas de desenvolvemento TIC, todo co obxectivo de mellorar servizos para cidadáns e visitantes. A convocatoria, sinala o Ministerio, potenciou iniciativas que impulsasen a apertura e a reutilización de datos públicos ou o afianzamento de sistemas de xestión maduros “que melloren os servizos que presta a cidade”. A previsión é que en vindeiras convocatorias se teñan en conta tamén iniciativas desenvolvidas dende o resto das Comunidades, incluída a galega.
Industria inviste 13,1 millóns na súa primeira convocatoria de Cidades Intelixentes
Compartir Este Artigo
