O fenómeno dos youtubers, persoas que acadan grande sona publicando vídeos de seu na Internet e sumando seareiros que seguen fielmente as súas creacións conseguiu callar en Galicia, non só na banda dos espectadores, senón tamén na banda destas novas estrelas da Rede, entre as que destaca especialmente o coruñés Ismael Prego, máis coñecido como Wismichu, que comezou publicando vídeos con gameplays de videoxogos, pero que acadou o éxito ao gravar sesións de Chatroulette (plataforma de videoconferencias vía web nas que se emparella aos interlocutores ao chou) nas que conseguía crear pezas con certo humor negro que conectaron rapidamente co público.

Pero todo este éxito non é froito do azar, pois Ismael Prego, que se auto-define como 50% emprendedor e 50% bala perdida, está a canalizar axeitadamente a súa exposición pública para tirar un bo proveito da mesma, orientando a súa carreira profesional ao audiovisual, experimentando constantemente con formatos afastados do tradicional e mantendo sempre a súa canle de vídeos fiel aos seus principios. Todo un exemplo do que a constancia e a boa sintonía co público pode conseguir, coa fortuna de poder converter nunha actividade profesional un proxecto iniciado como diversión.
O youtuber coruñés Wismichu supera os 2 millóns de subscritores
Compartir Este Artigo
