Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A factura electrónica será o tema dunhas xornadas organizadas pola Deputación de Lugo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A factura electrónica será o tema dunhas xornadas organizadas pola Deputación de Lugo

Redacción
Publicado: 17/02/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Será este xoves 19 de febreiro cando teñan lugar as dúas xornadas formativas que a Deputación de Lugo achegará de balde aos concellos e empresas da provincia co gallo de adaptarse á nova normativa (Lei 25/2013 de Impulso da Factura Electrónica, que entrou en vigor o 15 de xaneiro) que obriga a tramitar de xeito telemático as facturas superiores a 5.000 euros que se teñan que presentar en calquera administración pública. Indo ao miolo das dúas xornadas, esta serán celebradas no salón de actos: unha para os traballadores dos concellos e da propia Deputación, que terá lugar de 10:00 a 12:00 horas, e outra para os empresarios, sobre todo PEME e autónomos, que se celebrará de 17:00 a 19:00 horas.
Na sesión encamiñada aos traballadores públicos darase a coñecer en detalle o procedemento de xestión das facturas electrónicas na plataforma oficial existente para este sistema, denominada FACe: a adhesión e alta na plataforma; as necesidades técnicas para a conexión; procedementos de captura das facturas electrónicas; as fases da factura electrónica; ou os prazos legais establecidos para pagar as facturas.
Polo que respecta á xornada pensada para as empresas provedoras da Administración Pública, o obxectivo é informalas sobre como teñen que crear e tramitar as facturas electrónicas, como poden facerlle un seguimento e os prazos legais nos que debe pagar a administración.
Asemade, a Deputación achega xa información individualizada, tanto vía telefónica (no número gratuíto 900.897.994) coma presencial (nas propias dependencias da institución). En ámbolos casos en horario de 9:30 a 14:30 horas. As persoas interesadas na atención presencial deben chamar ao devandito teléfono para pedir cita previa.
As áreas de Cooperación cos Concellos (dirixida por Álvaro Santos) e a de Economía do Coñecemento, Emprendedores e Innovación (dirixida por Alfredo Llano) puxeron en marcha este novo servizo de asesoramento sobre a factura electrónica, que se leva a cabo a través do programa tecnolóxico Innova-TE, financiado ao 80% por fondos europeos FEDER.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?