Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A nova edición de eShow celébrase en Barcelona os vindeiros 25 e 26 de marzo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A nova edición de eShow celébrase en Barcelona os vindeiros 25 e 26 de marzo

Redacción
Publicado: 17/02/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

eshow_barcelona.jpgBarcelona vai acoller o mes vindeiro, o 25 e o 26 de marzo, a edición número 17 do salón eShow, sen dúbida unha das feiras máis relevantes do mundo en materia de comercio electrónico, mercadotecnia en liña, redes sociais, dispositivos móbiles e Internet das cousas. O evento eShow, segundo indican os seus responsables a cita TIC máis referencial de Iberoamerica, celebrarase no pavillón número 1 da Fira de Barcelona (recinto Montjuïc), onde se darán cita ata 180 marcas do sector procedentes de ámbalas beiras do Atlántico. No evento exporanse as últimas tendencias nacionais e internacionais ao tempo que se achegará “un completo programa de conferencias, foros de debate e sesións de traballo en rede”. A columna vertebral desta edición será unha aposta integral por tirar abaixo fronteiras.
A axenda da xuntanza inclúe relatorios a cargo de Matt Crystal, de Pinterest, Kevin Gardiner, de Macy´s, Jon Matonis de Bitcoin Foundation, Tom Buday, de Nestlé Suíza, entre outros representantes internacionais do sector dixital. Entre os temas a tratar figuran os seguintes: a relevancia experiencia do usuario no comercio electrónico, as novas formas para chegar aos clientes a través das redes sociais, a estratexia de comunicación en liña das grandes marcas, o afianzamento de divisas electrónicas como forma de pago dixital ou o espallamento internacional dos xigantes mundiais do ecommerce.
O programa tamén inclúe a celebración de actividades como a Digital Travel Summit (para coñecer as últimas tendencias en turismo dixital e os novos modelos de distribución turística) e a Net Fashion Forum (debates e casos de éxito sobre tecnoloxía e moda ou sobre a experiencia dixital na tenda física e o vídeo como aposta de marca e negocio). Tamén haberá, en colaboración con Casa Asia, un foro internacional sobre a situación actual do ecommerce e a mercadotecnia dixital en China. Igualmente, están convocados nesta edición os eAwards, os premios que recoñecen publicamente as innovacións desenvolvidas polas páxinas web estatais, a súa excelencia, profesionalidade, investigación e desenvolvemento, coa finalidade de mellorar a experiencia de compra dos clientes ou navegantes. As inscricións poderán realizarse a través da páxina web de eShow Barcelona 2015.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?