O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, iniciou hoxe a súa visita a Colombia cun encontro empresarial co obxectivo de buscar novas oportunidades no país latinoamericano en sectores como a automoción, as TIC, a conserva e o téxtil, logo de incrementar case un 50% as exportacións a este país nos últimos tres anos.
Durante esta reunión na que participaron o clúster da automoción, do sector agroalimentario, das TIC e da conserva, o titular do Goberno autonómico incidiu en que Colombia é a cuarta economía de América Latina e un dos países prioritarios para as exportacións galegas.
A visita de Feijoo a Colombia completarase mañá cunha entrevista co ministro de Tecnoloxías da Información e Comunicacións, Diego Molano, co que analizará a capacidade do sector TIC galego para colaborar no desenvolvemento tecnolóxico do país; e cunha reunión co presidente do país, Juan Manuel Santos Calderón, na que estará presente a ministra de Comercio, Industria e Turismo, Celia Álvarez.
A Xunta explora posibilidades de colaboración empresarial no ámbito TIC entre Galicia e Colombia
Compartir Este Artigo
