Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Desvelan que a cibermafia Carbanak foi quen de roubar 1.000 millóns de dólares en 100 bancos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Desvelan que a cibermafia Carbanak foi quen de roubar 1.000 millóns de dólares en 100 bancos

Redacción
Publicado: 17/02/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Mapa da incidencia internacional da banda
Mapa da incidencia internacional da banda
As autoridades internacionais en materia de persecución do cibercrime veñen de desvelar o que podería ser o roubo de diñeiro máis importante dende que se ten constancia das actividades das mafias que traballan en liña. Así o deron a coñecer Kaspersky Lab, a Interpol e máis a Europol, que sinalan que a cantidade roubada a través desta nova cibertrama foi de mil millóns de dólares, un furto perpetrado ao longo de dous anos en institucións financeiras de todo o mundo. As ditas entidades engaden que a responsabilidade do roubo recae nunha banda multinacional de ciberdelincuentes de Rusia, Ucraína e outros países de Europa, así como de China. Trátase do grupo Carbanak, que empregou para a súa actividade técnicas de ataques dirixidos.
O seu xeito de operar, infórmase, “marca o inicio dunha nova etapa na evolución da actividade dos crimes dixitais”. Este punto de inflexión establece unha metodoloxía baseada no roubo de diñeiro directamente nos bancos e evitando chegar aos usuarios finais. Segundo informa Kasperksy, “dende 2013, estes cibercriminais tentaron atacar ata 100 bancos, sistemas de pago e outras institucións financeiras nuns 30 países”. Arestora, aínda se están a rexistrar novos intentos de roubo internacional.
Segundo os datos da empresa de seguridade, os obxectivos de Carbanak inclúen organismos financeiros en Rusia, EE.UU., Alemaña, China, Ucraína, Canadá, Hong Kong, Taipei, Romanía, Francia, España, Noruega, India, Reino Unido, Polonia, Paquistán, Nepal, Marrocos, Islandia, Irlanda, República Checa, Suíza, Brasil, Bulgaria e Australia. Ademais, estímase que as maiores sumas de diñeiro obtivéronse intervindo bancos e conseguindo roubar ata dez millóns de dólares en cada incursión. De media, cada furto levou entre dous e catro meses, desde que se infecta o primeiro equipo da rede corporativa do banco ata facerse co diñeiro. Kaspersky tamén informa que os integrantes da banda foron quen de dar o chimpo á rede interna das entidades e localizar os computadores dos administradores para seguilos a distancia, o que lles permitiu ver e gravar todo o que acontecía nas pantallas do persoal que atendía os sistemas de transferencia de diñeiro en efectivo.
Máis en detalle, comezaban accedendo ao computador dun empregado a través da fórmula do spear phishing, unha estafa focalizada por correo electrónico cuxo propósito é obter acceso non autorizado a datos confidenciais, infectando á vítima co programa Carbanak. Os estafadores empregaron sistemas de pago internacionais de banca en liña para transferir diñeiro das contas dos bancos ás súas. Nalgúns casos, tamén se depositaba o diñeiro roubado en bancos en China ou América. Ademais, eran quen de penetrar no miolo dos sistemas de contabilidade, inflando os saldos en contas antes de embolsarse os fondos adicionais a través dunha transacción fraudulenta.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?