Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: EGATEL mellorará a cobertura da TDT en Alxeria
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

EGATEL mellorará a cobertura da TDT en Alxeria

Redacción
Publicado: 17/02/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Sede de Eganet no PTG
Sede de Eganet no PTG
A empresa galega EGATEL (pertencente ao grupo COMSA EMTE), centrada no desenvolvemento e fabricación de equipos de última xeración para a radiodifusión de TV, vén de ser elixida xunto a PMS International (grupo multinacional especializado na execución e consultoría de proxectos) para ampliar a cobertura da televisión dixital en Alxeria. Logo de facerse co concurso público para estender a cobertura da televisión dixital en Alxeria, este proxecto que levará adiante EGATEL, asinado coa televisión pública alxerina (TDA) e cun valor total de máis de 2 millóns de euros, consistirá na subministración de 42 estacións de televisión dixital, transmisores e sistemas radiantes.
EGATEL confiou na experiencia de PMS International en Alxeria para facer realidade este traballo: “O soporte e a asistencia que nos emprestou PMS International e o seu profundo coñecemento sobre o funcionamento da administración alxerina foron determinantes para canalizar todos os trámites deste importante proxecto”, afirmaba Javier Taibo, director xeral da firma galega.
Pola súa banda, o director xeral de PMS International, Job Peró, explicaba que: “Este coñecemento e experiencia é o que nos fai distintos, é o noso gran valor. Nós dicimos que somos case alxerinos porque hai máis de 40 anos que estamos a traballar alí, porque máis da metade do noso persoal é alxerino e porque o feito de colaborar con empresas de sectores dispares supón un “saber facer” que ninguén máis pode achegar”.
Este proxecto consolida a presenza de EGATEL en Alxeria, onde en 2013 xa conseguía un contrato para a instalación dun transmisor dixital en Djefla, nas proximidades do deserto. Así mesmo, está pendente a adxudicación de 3 concursos máis de televisión dixital no país, a tramitación dos cales tamén foi confiada a PMS International.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?