Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Novo visor xeográfico web con información sobre os espazos naturais e a biodiversidade de Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Novo visor xeográfico web con información sobre os espazos naturais e a biodiversidade de Galicia

Redacción
Publicado: 17/02/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

visor_xeografico.jpgA Consellería de Medio Ambiente vén de poñer en marcha un novo visor xeográfico con información completa e detallada sobre a Rede de espazos naturais e da biodiversidade de Galicia que permitirá achegar uns completos contidos sobre estes enclaves de xeito sinxelo.
A información que proporciona este visor xeográfico é descargable en calquera formato e representa unha aposta da Xunta pola transparencia, ao por á disposición dos cidadáns, de maneira gratuíta, facilmente accesible e intuitiva, información completa sobre os principais espazos naturais de Galicia.
Dese xeito, calquera persoa poderá ter acceso aos datos relativos á superficie dos espazos naturais, ás súas zonificacións concretas, toponimia, coordenadas, referencia catastral, así como aos elementos de flora e fauna que caracterizan eses lugares.
A información organízase por capas, que son combinables entre si, de tal maneira que un usuario pode adaptar a consulta ás súas necesidades e obter, por exemplo, os límites dun parque natural coa información topográfica e sobre a rede viaria que lle dá servizo.
Dentro da información relativa aos Espazos Naturais, os usuarios poden obter información sobre a Rede Natura 2000 que contén as Zonas Especiais de Protección para as Aves (ZEPA), Zonas Especiais de Conservación (ZEC), e a zonificación do Plan Director da Rede Natura 2000.
No apartado da Rede Galega de Espazos Protexidos inclúense os Parques Nacionais e Naturais, os Humidais Protexidos, as Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais, os Monumentos Naturais e as Paisaxes Protexidas.
O visor mantén a tecnoloxía desenvolvida polo Instituto de Estudos do Territorio e a AMTEGA para as diferentes aplicacións de visualización de información xeográfica, dentro do proxecto do Sistema de Información Xeográfica Corporativa de Galicia como é o caso do visor de urbanismo da Xunta e incorpora novas funcionalidades como a descarga de ficheiros, buscas a partir de diferentes referencias xeográficas (toponimia, coordenadas, referencia catastral) e a posibilidade de cargar o servizo WMS do Catastro.
A través das ferramentas de visualización e navegación do visor os cidadáns poderán tamén acceder á cartografía dos espazos naturais de Galicia e buscar elementos de acordo con determinados criterios xeográficos ou temáticos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?