Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A D3Mobile Metrology World League 2015 a piques de comezar e co apoio de Vodafone
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A D3Mobile Metrology World League 2015 a piques de comezar e co apoio de Vodafone

Redacción
Publicado: 18/02/2015
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

De esquerda a dereita, Ortiz, Outeiro, Moreno, Viaño, Ferrer, Corredoira e Cuesta, na presentación da D3Mobile
De esquerda a dereita, Ortiz, Outeiro, Moreno, Viaño, Ferrer, Corredoira e Cuesta, na presentación da D3Mobile
Que o móbil é un aparello omnipresente na vida cotiá é algo máis que sabido. A novidade pode radicar no uso que se lle dea e sobre isto xira o sobre isto xira o campionato mundial de modelado 3D de precisión con móbil, coñecido na súa vertente oficial e na convocatoria presente como D3Mobile Metrology World League 2015. Estamos perante un certame promovido polos investigadores do grupo USCAN3D da USC e co se pretende potenciar as vocacións científicas en estudantes nados/as entre 1997 e 1999 servíndose do teléfono móbil. Segundo se fixo saber este mércores, o concurso (que xa ten formalizada a inscrición de equipos procedentes de 30 países de Europa, América, Asia) desenvolverase en liña e aínda ten o prazo de inscrición aberto na Rede ata o 5 de marzo.
A D3Mobile vai á procura de que escolares de todo o mundo participen nunha competición por equipos a través da que se estimula a súa vocación e capacidade científica, segundo o mesmo reitor da USC.
Os estudantes inscritos aprenderán, con axuda do seu profesor e vía e-learning, unha metodoloxía que, con apenas dúas tardes de estudo, permitiralles facer modelos 3D virtuais a escala de calquera obxecto a partir de fotografías tomadas co seu móbil, relatou Juan Viaño na presentación da nova edición deste certame internacional no marco dun acto desenvolvido no auditorio da Casa do Saber de Lugo e retransmitido en directo a todo o mundo a través de internet.
Pola súa banda, o director da Fundación Vodafone España, Santiago Moreno, quen aproveitou a súa estadía en Lugo para asinar co reitor da USC un convenio para o desenvolvemento da D3Mobile 2015; o director do Centro Español de Metroloxía do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, Fernando Ferrer Margalef; o director xeral de Educación, formación Profesional e Innovación Educativa da Xunta de Galicia, Manuel Corredoira; o deputado delegado das áreas de Cultura, Turismo, Educación e Normalización Lingüística da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, e o director da Escola Politécnica Superior do campus de Lugo da USC, Tomás Cuesta, tamén participaron na presentación da nova edición da D3Mobile Metrology World League 2015.
Así, unha vez rematado o prazo de matrícula e cando bote a andar a competición (segundo o calendario xa dispoñible na web) cada equipo deberá realizar pequenos experimentos nos que modelará en 3D un obxecto de dimensións coñecidas. Unha análise estatística básica dos erros nas medicións de sucesivos experimentos, permitirá determinar como acadar mellores resultados (con que móbil, facendo cantas fotos…) e ser máis competitivos, explicou o director deste proxecto, o profesor e integrante do grupo de investigación Uscan3d da USC, Juan Ortiz, quen indicou que o equipo gañador será o que acade unha meirande calidade métrica e visual nas distintas probas que deberán superar.
E cales serán os premios desta D3Mobile Metrology World League 215? Pois o valor dos agasallos establecidos para os equipos gañadores nas distintas seccións ou categorías do campionato supera os 11.000 euros. Cómpre dicir que case todos os galardóns consisten en produtos e artigos tecnolóxicos, entre os que salientamos as novas achegas recibidas da empresa BQ: reproducións en impresora 3D do modelo virtual aos integrantes e ao centro do equipo gañador. Haberá premios para os equipos mellor clasificados de Lugo, de Galicia, de Latinoamérica e do Mundo. Asemade, nesta edición, que ten como padriño de honra un dos futbolistas máis senlleiros da selección española de fútbol, campión de Europa e do mundo, o equipo gañador recibirá tamén como premio unha camiseta e dúas gorras asinadas por este futbolista.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?