Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Investigadores galegos traballan nun proxecto para obter tinta de grafeno para impresoras 3D
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Investigadores galegos traballan nun proxecto para obter tinta de grafeno para impresoras 3D

Redacción
Publicado: 18/02/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

esther_garcia_01.jpgA investigadora galega Esther García-Tuñón está a liderar un grupo científico, posto en marcha ao abeiro do Imperial College de Londres, para impulsar o desenvolvemento de tinta de grafeno para impresoras 3D. Como lembraremos, o grafeno é un material de grandes posibilidades en múltiples eidos industriais, mesmo para facer posible o afianzamento da batería ideal (o grafeno permite moita máis durabilidade e capacidade có litio, e abrindo marxe para tamaños moito máis reducidos) pero que tamén fornece un importante potencial no ámbito da impresión. De feito, poderíase empregar en impresoras 3D de xeito directo. As súas características principais (ten feitura de retícula hexagonal bidimensional, no canto de estrutura tridimensional) fan que este material sexa duro e resistente á par que flexible. Agora, o equipo da santiaguesa Esther García-Tuñón quere tirarlle partido para a nova era da impresión.
esther_garcia_02.jpgComo dixemos, a investigación realizouse no Imperial College de Londres, en Reino Unido, por un colectivo liderado pola devandita investigadora galega xunto aos seus colegas Suelen Barg, Victoria García Rocha, Eleonora D”elia, Eduardo Saiz Gutiérrez e Robert Maher. Tamén achegan a súa experiencia científicos da Universidade de Warwick e a Universidade de Bath; Francisco Guitián, da Universidade de Santiago de Compostela, e Jaime Franco, da empresa galega Keramat, situada no Poligono Novo Milladoiro da Coruña.
O equipo traballou no achado de novas formas de producir grafeno para que este poida ser empregado en impresoras 3D e crear, polo tanto, estruturas tridimensionais (do bidimensional ao tridimensional). Usaron o devandito material modificado quimicamente (óxido de grafeno, GO, e redución de óxido de grafeno, rGO), ao que xuntaron unha miúda porcentaxe de polímero tamén modificado. O resultado: unha tinta con base de auga que amosa a textura e a consistencia axeitada para dar forma a un material definido e fixo que sexa quen de saír por unha embocadura. Ou sexa, un proceso análogo á impresión 3D incluíndo fabricación por filamento fundido.
esther_garcia_03.jpgSegundo informan os investigadores e reflicte o Imperial College, a técnica de crear estruturas tridimensionais a partir de materiais bidimensionais, como o grafeno, recibe o nome de impresión directa de tinta (DIW), tamén coñecida como impresión e ensamblado directo (DWA) ou robocasting. Sinalar tamén que a tinta ou pasta creada permite empregar embocaduras de só 100 micras de diámetros.
Os investigadores están xa traballando noutras liñas complementarias e desenvolvendo aplicacións como dispositivos electrónicos flexibles, membranas para limpeza de verteduras de combustibles ou sensores de presión para a pe” de robots, engaden.

Vídeo do Imperial College no que dan conta da impresión en 3D con grafeno

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?