Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Cámara de Comercio de Santiago incrementa o seu pulo innovador e a presenza en liña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Cámara de Comercio de Santiago incrementa o seu pulo innovador e a presenza en liña

Redacción
Publicado: 19/02/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

A web da entidade mantén unha media mensual de 30.536 visitas
A web da entidade mantén unha media mensual de 30.536 visitas
A Cámara de Comercio de Santiago vén de facer reconto dos recursos achegados en 2014 para alentar a innovación nas empresas locais e galegas. Segundo apunta a entidade, o ano que vimos de deixar atrás foi un ano de “múltiples servizos de innovación”. No apartado formativo, a Cámara potenciou unha vez máis a Feira do Coñecemento, un programa que busca a transferencia de información e recursos entre as empresas e os centros tecnolóxicos, financiado polo Fondo Social Europeo e a entidade cameral. Ademais, sinala, en 2014 realizáronse tres xornadas, ás que asistiron 89 empresas e pecháronse 24 preacordos de colaboración entre empresas e centros tecnolóxicos.
Outro dos programas foi InnoCámaras, un plan que axuda a autónomos e PEME a impulsárense cara adiante mediante o asesoramento de balde e as axudas directas á innovación, con financiamento dun 80 por cento do plan de apoio a este impulso tecnolóxico. Segundo apunta a entidade, foron admitidas en 2014 un total de 51 empresas. O programa continuará executándose ao longo deste ano.
Outra liña de traballo foi a de TICCámaras, que ten por obxecto impulsar a incorporación de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) como ferramentas competitivas claves na estratexia das PEME participantes. En 2014 participaron no programa 29 empresas.
No que se refire á actividade xerada na Internet, a Cámara de Comercio informa que foi quen de afianzar a súa presenza en Internet a través da web de seu (camaracompostela.com), as redes sociais, o boletín informativo ou por medio do blog da Cámara. A web corporativa, engaden fontes da entidade, “é un escaparate sempre visible desde calquera punto do mundo que permite informar aos interesados das novidades camerais”. O número de visitantes e visitas incrementouse progresivamente desde a creación da web, situándose a día de hoxe nunha media mensual de 30.536 visitas en 2014 e unha media de 4.886 visitantes distintos mensuais, engade o equipo de dirección.
Ademais, a Cámara de Comercio estende a súa información polas redes sociais, con máis de 1.328 contactos en Facebook e 1.544 seguidores en Twitter. A xuízo dos responsables da entidade, “o establecemento da marca Cámara neste tipo de canles interactivas permite achegar a entidade ás empresas da demarcación coa finalidade de presentarlles os servizos, proxectos, programas e coñecer as súas necesidades dunha forma organizada”. Inclúe nos seus muros información relativa a eventos e actos da organización, cursos e xornadas de formación ou actividades para a busca de novos mercados.
Outro dos recursos on line dos que se tira partido é o boletín informativo, do que se enviaron 34 versións no último ano. “Realízanse envíos de comunicacións a través de correo electrónico ás persoas interesadas en recibir información sobre cursos de formación ou accións de internacionalización que programa anualmente a entidade cameral compostelá”, explican os responsables da mesma, que tamén sinalan que na actualidade reciben o boletín 4.158 inscritos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?