Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Enxeñería Industrial de Vigo anuncia a súa participación en EDUGAL e un concurso de robots
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Enxeñería Industrial de Vigo anuncia a súa participación en EDUGAL e un concurso de robots

Redacción
Publicado: 19/02/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Profesores e alumnos no posto de Enxeñería Industrial na anterior edición do salón
Profesores e alumnos no posto de Enxeñería Industrial na anterior edición do salón
A Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo vén de anunciar a súa participación na cuarta convocatoria do salón de oferta de educación en formación en Galicia, EDUGAL, un evento programado para os días 25 e 27 de febreiro no recinto feiral de Pontevedra. Trátase dun encontro tecnolóxico-docente que vén da man da Asociación de Empresarios da Pequena e Mediana Empresa de Pontevedra en colaboración, precisamente, coa Escola de Enxeñería Industrial. Na presentación da nova entrega do evento, celebrada este mércores en Vigo, a escola fixo saber que vai concorrer cun amplo abano de propostas e desenvolvementos: robots, tecnoloxías láser, cámaras infravermellas ou motores.
Entre as principais novidades desta edición os responsables da feira anunciaron que por primeira vez vanse celebrar diferentes charlas específicas de orientación universitaria, organizadas pola propia dirección da escola viguesa en colaboración con AEMPE, dentro dos ámbitos tecnolóxico e xurídico-social, co obxectivo de ofrecer aos futuros universitarios información de primeira man sobre cada titulación. A finalidade estas charlas é permitir que o alumnado coñeza de preto o que se fai en cada titulación. Organizadas con formato de mesas redondas celebraranse de xeito simultáneo o venres 27 de febreiro entre as 11.00 e as 12.30 horas e nelas participarán representantes dalgunhas das titulacións máis demandadas polos estudantes.
A dirección da escola aproveitou tamén para anunciar a posta en marcha da 1ª Competición de Robots, unha iniciativa dirixida a achegar a universidade ao alumnado de ensinanza secundaria e bacharelato, ademais de dar a coñecer as titulacións da escola e fomentar o interese do alumnado polos estudos de enxeñaría. Esta actividade organízase en colaboración coa Rama de Estudantes que ten na escola o IEEE, Institute of Electrical an Electronics Engineers.
A competición celebrarase “con toda probabilidade” no mes de abril na sede campus da Escola de Enxeñería Industrial e contará con dúas categorías: Wall-E, dirixida a alumnos matriculados en ESO ou bacharelato, e R2D2, para o alumnado de formación profesional de ciclo superior e titulacións universitarias. En datas vindeiras publicaranse as bases do concurso e tamén os premios para os gañadores. Dependendo da categoría, haberá probas máis sinxelas e outras máis elaboradas coas que pór a proba as destrezas e habilidades dos futuros profesionais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?