Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Directivos e empresarios da CEL coñeceron de primeira man a actividade do CTIC, en Xixón
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Directivos e empresarios da CEL coñeceron de primeira man a actividade do CTIC, en Xixón

Redacción
Publicado: 20/02/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

visitaCTIC.jpgUn grupo de empresarios de Lugo achegáronse este xoves a Xixón para coñecer de primeira man as dependencias, os obxectivos e o traballo a pé de campo da Fundación CTIC, Centro Tecnolóxico da Información e a Comunicación. A visita da representación galega, que veu acompañada do secretario da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), Jaime López, inseriuse nas actividades do acordo de colaboración asinado recentemente entre CEL e a Fundación CTIC, un acordo dirixido a impulsar o desenvolvemento de accións conxuntas no ámbito da innovación e as novas tecnoloxías dirixidas ás PEME e microempresas lucenses.
Sinalar que o CTIC é unha entidade con ampla traxectoria de traballo ligado ao desenvolvemento e difusión de novas tecnoloxías, ademais de ser a oficina de referencia na xestión de fondos europeos para o desenvolvemento de proxectos de innovación e TIC no ámbito nacional e internacional.
Pablo Priesca, director xeral de CTIC, Eva Castaño, responsable da liña de Competitividade e PEME e Miguel Ángel Acero, xestor de proxectos da liña de Competitividade e PEME, foron os anfitrións dos representantes da CEL neste centro tecnolóxico, no que puideron visitar o seu laboratorio, espazo demostrador no que están instalados prototipos de diferentes liñas de especialización e de traballo de CITC no ámbito da innovación tecnolóxica.
No laboratorio tiveron a oportunidade de informarse dos ámbitos de especialización de CTIC e os proxectos nos que esta entidade está a traballar en áreas como mobilidade e análise intelixente de datos. Na área de xestión empresarial achegáronse tamén ao funcionamento de aplicacións para a xestión integral do proceso de seguimento de produtos no sector cárnico, así como para a xestión de persoal en labores de mantemento. Igualmente, deron conta das oportunidades de realidade aumentada que achegan as Google Glass ou as lentes de realidade virtual Oculus.
Logo da visita ao laboratorio, engaden fontes da confederación lucense, desenvolveuse un encontro de traballo “para explorar vías de colaboración entre CEL e Fundación CTIC e identificar iniciativas concretas para dinamizar a innovación e a implantación de solucións tecnolóxicas no tecido empresarial de Lugo”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?