Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Facenda analizará as redes sociais na súa loita contra a fraude fiscal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Facenda analizará as redes sociais na súa loita contra a fraude fiscal

Redacción
Publicado: 20/02/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

montoro_15380220076_43ae692004_o.jpgO Consello de Ministros autorizou á Axencia Estatal de Administración Tributaria a licitación dun contrato cuxo obxecto é a realización de servizos de desenvolvemento e mantemento dos sistemas e aplicacións do Departamento de Informática Tributaria, durante 2015, 2016 e 2017, prorrogables por un máximo de dous anos. O importe estimado do contrato, considerando as prórrogas, é de 28.188.160 euros.
Segundo a referencia do Consello “estes servizos son requiridos polo resto dos departamentos da Axencia Tributaria para o cumprimento dos fins que lle son propios, fundamentalmente polos departamentos de Xestión Tributaria, Recadación, Inspección Financeira e Tributaria, e Alfándegas e Impostos Especiais”.
O impulso dado pola Axencia Tributaria nos servizos prestados aos contribuíntes e empresas a través de Internet debe manterse e mellorarse cun continuo reforzo de actuacións tendentes ao afondamento e extensión horizontal do número de trámites que se poden realizar electronicamente.
Tamén se pretende implantar funcionalidades avanzadas nas ferramentas informáticas que os funcionarios da Axencia Tributaria teñen á súa disposición para a realización das súas tarefas de xestión e de loita contra a fraude, aproveitando especialmente que a Internet e as redes sociais en particular representan unha inesgotable fonte de datos para Facenda, que xa utiliza e que explotará de forma máis intensa nos vindeiros meses. Ao longo deste ano, Facenda empezará a utilizar programas informáticos que son capaces de procesar, seleccionar e solicitar información que se encontra nas redes sociais e na Internet. Facenda ampliará así os seus ficheiros con, por exemplo, os contactos e relacións en liña dos obrigados tributarios.
A partir dunha inspección, poderanse detectar situacións sospeitosas e anómalas doutros obrigados tributarios. Ou establecer conexións en fraudes fiscais entre contribuíntes e empresas que aparentemente non tiñan relación.
Actualmente xa existen funcionarios da Axencia Tributaria dedicados a solicitar información en internet. Tamén, as revistas e os xornais serven como punto de partida de investigacións. Unha foto dun contribuínte nun luxoso iate, por exemplo, supón un indicio externo de riqueza que pode derivar nunha inspección se o seu nivel de vida non casa cos datos fiscais declarados.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?