Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AMTEGA clausurou o Foro Smart City de Santiago
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AMTEGA clausurou o Foro Smart City de Santiago

Redacción
Publicado: 23/02/2015
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

20150223_foro_smart_city_01.jpgO Foro Smart City: Santiago Cidade Intelixente foi finalmente clausurado por Mar Pereira, directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA). O encontro, celebrado en Compostela da man de El Correo Gallego (e do que falamos esta mañá para reflectir as achegas informativas do Goberno local), contou coa presenza de ducias de expertos (locais, galegos e estatais) en impulso innovador das cidades, un proceso, dixeron, que non só atinxe ás institucións e empresas TIC, senón tamén aos ámbitos políticos, económicos, sociais, sanitarios, culturais e medioambientais. Trátase, sinalaron, de preparar un futuro sustentable e con calidade de vida, e de facelo entre todos. Esta idea tamén a recolleu Mar Pereira, que lembrou as liñas da Axenda Dixital de Galicia 2020.
Segundo fixo saber, este programa TIC “afonda na estratexia de transformación de Galicia nun territorio intelixente, que impulse a proliferación de servizos intelixentes facilitando a súa reutilización e intercambio”. A directora da AMTEGA sinalou que ao abeiro da Axenda, estanse a perfilar liñas de acción nos eidos educativo, sociosanitario, do transporte, do turismo, da preservación da cultura e patrimonio ou do goberno dixital, “que deben complementar e reforzar as estratexias smart das vilas e cidades da Comunidade”.
20150223_foro_smart_city_02.jpgAo seu xuízo, as bases sobre as que se apoia a transformación dos nosos espazos urbanos en espazos mellor xestionados e máis sustentables e limpos son, sen dúbida, as infraestruturas de telecomunicación. Ao fío disto, Pereira lembrou o traballo que se está a facer na “extensión de infraestruturas de telecomunicación por todo o territorio galego grazas ao Plan de Banda Larga”. Fixo saber, ademais, “que se cumpriu co compromiso de conseguir unha Galicia conectada, o 98% da poboación ten hoxe posibilidade de conectarse a Internet a través de redes fixas e sen fíos e o 2% restante a través de satélite”. Tamén informou sobre “o despregue de redes de nova xeración que permiten velocidades de 100Mbps, ás que teñen acceso máis da metade dos galegos, a día de hoxe”.
Os perigos dunhas contornas urbanas que non paran de medrar
A xornada Santiago Cidade Intelixente tamén contou coa participación, entre outros expertos, do profesor da Universidade de Santiago, Juan Arias, que foi sen dúbida un dos relatores que máis alertou sobre os problemas derivados dunha posible incorrecta xestión das cidades no futuro. Arias abriu a súa intervención analizando as principais necesidades das urbes de hoxe en día, “cada vez máis poboadas, cada vez máis demandantes de enerxía (practicamente toda a enerxía xerada no mundo vai para o consumo das cidades), cada vez máis saturadas de tráfico rodado e polo tanto máis contaminadas e insalubres”.
Na súa opinión, este e non outro é o intre de facer cousas, e sobre todo, facelas ben. Para comezar, apostou polas fórmulas da innovación e da cooperación entre organismos, administracións e empresas, xuntando forzas, compartindo estratexias e botando man das moitas oportunidades que abrollan das novas tecnoloxías da información. “A cidade”, dixo, “debe ser innovadora nos seus propios xenes, innovadora ao longo de todo o seu ciclo de vida”. Polo tanto, engadiu, unha Smart City debe ser quen de superar situacións adversas, debe ser sostible, segura, eficiente, participativa, inclusiva, igualitaria, innovadora e conectada”. Ademais, engadiu, debe dar acubillo a un uso intensivo das TIC e debe estar centrada no cidadán.
Arias tamén puxo exemplos de cidades que buscan o seu camiño ao abeiro do fenómeno Smart City: A Coruña, Barcelona, Madrid, Málaga, Santander ou Valencia. Ao seu xuízo e respecto da cooperación, é preciso intensificar a colaboración entre as urbes galegas e estatais, pero non só iso senón tamén entre as empresas, os organismos públicos e os cidadáns mesmos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?