Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CDTIC organiza esta semana en Vigo unha xornada sobre Joomla
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CDTIC organiza esta semana en Vigo unha xornada sobre Joomla

Redacción
Publicado: 23/02/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

cdtic_joomla.jpgO Centro Demostrador TIC organiza o día 26 de febreiro unha sesión de formación sobre o sistema de xestión de contidos Joomla. A xornada desenvolverase en horario de 18.00 a 20.00 horas na Aula CeMIT de Vigo, na rúa do Porto. A actividade formativa, sinala o CDTIC, ten como obxectivo explicar o funcionamento do dito paquete de ferramentas para o manexo da información, as súas características (licenza, partes, capacidade de adaptación ou xestión de usuarios, menús, contidos, modelos, idiomas etc.) ou a súa comunidade.
A sesión está destinada a profesionais TIC, responsables da xestión web das empresas, autónomos etc. que queiran crear unha páxina web en Joomla ou ben xa administran unha e queren afondar no seu emprego ou na forma de engadir máis funcións. Encargarase de impartila Pablo Arias, desenvolvedor, asesor e consultor web especializado en Joomla.
Segundo explica a organización, existe un límite de prazas para participar nesta actividade, polo que cómpre inscribirse previamente na web do CDTIC. As persoas que non poidan acudir á demostración poderán seguila a través de streaming.
Segundo lembra o CDTIC, Joomla é “o máis popular dos xestores de contidos”. Emprégano tanto individuos como PEME ou grandes organizacións para crear, “dun xeito doado e flexible”, unha gran variedade de webs ou aplicacións web. E engade: “Joomla ofrece un amplo abano de compoñentes adicionais como son axenda, foros, enquisas, buscador avanzado, sindicación de contidos, etc; e entre as súas múltiplas extensións salientan varias especialmente deseñadas para integrar no portal unha tenda de comercio electrónico”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?