Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Telefónica levará as súas solucións biométricas ao Mobile World Congress
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Telefónica levará as súas solucións biométricas ao Mobile World Congress

Redacción
Publicado: 23/02/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

post_smart_access.jpgTelefónica anunciou a incorporación de SmartID e SealSign á súa proposta de solucións orientadas a protexer a identidade dixital e os procesos de negocio mediante autenticación biométrica e firma electrónica. Ambas as dúas solucións poderanse ver no expositor de Telefónica no Mobile World Congress que se celebra do 2 ao 5 de marzo en Barcelona.
Telefónica e a súa filial de ciber-seguridade ElevenPaths apostan pola creación dun ecosistema dixital seguro que xere confianza e que permita aos usuarios manter o control sobre os seus datos persoais, preservar a súa identidade dixital e asegurar a súa privacidade. Para iso, incorporou nas súas solucións de identidade a denominada autenticación forte baseada en biometría, sistema que combina diferentes variables para asegurar que o usuario é quen di ser, ademais da firma electrónica, que evita posibles suplantacións de identidade.

Contidos
  • SmartID
  • SealSign

SmartID

SmartID é unha solución que permite a autenticación máis segura dos usuarios para o acceso a equipos e aplicacións combinando diferentes factores como smart cards, dispositivos RFID/NFC ou recoñecemento biométrico da pegada dactilar.
A solución que ofrece Telefónica é compatible co novo DNIe 3.0 que permite unha identificación segura e substitúe os contrasinais habituais por sistemas multi-credencial que combinan polo menos dous factores para demostrar a identidade dixital do usuario. Desta forma, con SmartID as empresas poden implementar solucións de seguridade baseadas no novo DNI dunha forma rápida e sinxela axudándoas a reducir a fraude e a suplantación de identidade.
A solución Telefónica SmartID combina tecnoloxías como o recoñecemento biométrico ou o NFC/RFID para proporcionar autenticación forte: algo que son (pegada dactilar, recoñecemento cara e voz), algo que teño, como o meu DNIe ou o meu teléfono móbil e, por último algo que sei, como é o usuario e o contrasinal ou un PIN. Deste xeito evítase a suplantación no proceso de autenticación por exemplo á hora de acceder a unha web de comercio electrónico, ao iniciar sesión nun correo electrónico persoal ou laboral, ou nos controis de seguridade dun aeroporto.
SmartID pode ademais integrarse con Latch, o servizo de ElevenPaths que permite reducir o tempo de exposición dos datos persoais, e polo tanto, de risco a ciberataques, ademais de minimizar o risco de fraude en caso de que alguén intente utilizar as credenciais do usuario.

SealSign

SealSign, pola súa banda, é unha plataforma para empresas modular e completa de firma de documentos electrónicos, compatible ademais con certificados dixitais, sistemas biométricos, sistemas OTP e arquivo a longo prazo de documentos asinados. O servizo ofrece unha solución baseada na biometría de comportamento, como por exemplo a voz ou a firma do usuario.
O recoñecemento biométrico, no ámbito das solucións de firma electrónica, permite protexer, entre outras cousas, pagamentos realizados polo usuario, salvagardar o acceso a información sensible ou asinar documentos.
SmartID e SealSign estarán presentes no expositor de Telefónica na vindeira edición do Mobile World Congress de Barcelona. A través de SealSign, por exemplo, os visitantes poderán comprobar o grao de fiabilidade da solución de firma biométrica a través dunha sinxela demostración na que o usuario debe imitar a firma dun personaxe coñecido.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?