Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Abertic Maiores desvela a utilidade das novas tecnoloxías entre os maiores de Lugo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Abertic Maiores desvela a utilidade das novas tecnoloxías entre os maiores de Lugo

Redacción
Publicado: 24/02/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Participantes nas actividades de dinamización da Fundación TIC en Lugo
Participantes nas actividades de dinamización da Fundación TIC en Lugo
Será entre mañá e pasado mañá, 25 e 26 de febreiro, cando o Centro de Innovación Social da Fundación TIC da Deputación de Lugo adique dúas xornadas aos lucenses maiores de 55 anos, baixo o epígrafe Abertic Maiores. O obxectivo desta iniciativa é difundir o traballo do InLugo na promoción do uso das novas tecnoloxías entre as persoas de máis idade para mellorar a súa calidade de vida e benestar con actividades que estimulen as súas habilidades mentais e físicas. O Abertic Maiores, que se desenvolverá na sede da Fundación TIC, en horario de 10:30 a 13:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas, contará con diversas actividades lúdicas relacionas cos diferentes programas do InLugo: Nutretic, Engurras TIC, Memoria Dixital Tic Tac, Sempre en Activo e Camiña coas TIC, entre outros.
Dicir que as ditas actividades levaranse a cabo en tres espazos. Unha das aulas estará adicada ao programa Nutretic, onde se ensinarán os principios da alimentación e nutrición, a clasificación de alimentos ou os tipos de dietas. Amais, de achegar aos asistentes pola mañá un almorzo e polas tardes, unha merenda.
A segunda sala centrarase nos programas Memoria Dixital Tic Tac, Taboleiro Abertic e Engurras Tic, que promoven un envellecemento activo a través de diversos obradoiros como os de fotografía. Neste espazo exporanse 50 fotos, unha por cada participante no Engurras TIC, das que sairán as finalistas e a gañadora.
Por último, o terceiro espazo adicarase a Sempre en Activo e Camiña coas Tic, proxectos encamiñados á estimulación cognitiva e funcional e á alfabetización na Rede. Haberá un Recuncho X-Box, Wii, PlayStation, etc. Será unha zona de actividade física con diversas consolas e demostracións de xogos nos que poderán participar os maiores de 55 anos, que serán asesorados, xunto cos monitores, polos propios usuarios destes programas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?