Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Até sesenta empresas estatais amosarán músculo no vindeiro Mobile World Congress
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Até sesenta empresas estatais amosarán músculo no vindeiro Mobile World Congress

Redacción
Publicado: 24/02/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Mobile-World-Congress-MWC-Preview.jpgA nova edición do Mobile World Congress celebrarase entre o 2 e o 5 de marzo en Barcelona. O pavillón estatal do salón, segundo informa o Ministerio de Industria, dará acubillo a sesenta empresas do sector das novas tecnoloxías, amosando os seus últimos achados e desenvolvementos e facéndoo nunha contorna de 650 metros cadrados de superficie (a superficie do dito pavillón) e dividida en áreas para o traballo en rede, presentacións e casetas. Por certo que haberá entre as devanditas compañías presenza galega: a de Quobis, que acode dende Porriño para dar conta do seu Sippo WebRTC Application Controller, (Sippo WAC), un innovador recurso para provedores de servizos de telecomunicacións, empresas e distribuidores de equipamento de redes.
Segundo explica a organización do salón (Ministerio de Industria, Generalitat de Catalunya, Ajuntament de Barcelona e FIRA), o evento supón “unha valiosa oportunidade para difundir ao mundo o grao de avance da tecnoloxía que se desenvolve dende nosas as empresas e xerar negocio”. Os piares temáticos son os seguintes: telecomunicacións, ciberseguridade, software, desenvolvemento de aplicacións e contidos dixitais.
As 40 compañías con estand no pavillón estatal son: Azetti Networks, Aywant by Zed, Acuntia, Appszoom, Argelich Networks, Worldline, Vexia, Crazy4Media, Deister Software, Dinero por tu móbil, dBm, Eyebee, Masvoz, redBorder, FewDucks by New Relic, Gestpointgsm, Quiero Apps, Imagic, Indra, IDI Eikon, JSC Ingenium, Kimia, Kitmaker, Mobbeel Solutions, Moove Team, Movilok, imasD Tecnología, PickData, Reticare, Quobis, Abertis Telecom, Safelayer Secure Communications, J21 Partners-Consulting&Ventures, Sensing-Control, Sistelbanda, Software Quality Systems, TST, Telnet, Redes Inteligentes, Force Manager e CartoDB.
A estas cómpre sumar outras 20 compañías sen caseta propia pero si amosando as súas tecnoloxías avanzadas noutros contextos e formatos: ABAMobile, Agile Contens, Apogeo, AYTOS, Grupo Castilla, CGB, Cookpad Spain, Drivania, Fieldeas, Mediasmart, Momo Pocket EDE, NexTReT, Offshoretech, Onbile, Plain concepts, Social Noise, Teamnet, Think Big Factory, TheSuperDriver.com e Vector ITC Group.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?