Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Clúster TIC consolida escenarios de colaboración en Colombia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Clúster TIC consolida escenarios de colaboración en Colombia

Redacción
Publicado: 24/02/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

cluster_tic_galicia_antonio.jpgAs roldas de comunicación e de contacto organizadas entre empresarios galegos e americanos o ano pasado polo Clúster TIC Galicia xa comezaron a dar resultados visibles. E tamén continuidade. Precisamente, o presidente da plataforma galega, Antonio Rodríguez del Corral, vén de participar nunha visita a Colombia con motivo da viaxe institucional do Goberno galego a diversos países latinoamericanos. Ao abeiro desta procura de alianzas e colaboracións, Rodríguez del Corral e o seu equipo mantiveron xuntanzas con empresas e entidades colombianas que, segundo apunta o Clúster,
amosaron un alto interese en estreitar ligazóns con firmas TIC galegas.
Nun plano máis concreto, Rodríguez Del Corral reuniuse cos responsables da Empresa de Telefonía de Bogotá (ETB); co Ministerio colombiano das TIC; coa Corporación Colombiana Digital (concretamente co persoal encargado da posta en marcha do Plan Vive Digital, proxecto gobernamental para mellorar o uso e a infraestrutura tecnolóxico-dixital do país); coa Oficina Alta Consejería Distrital de TIC-Bogotá; coa Asociación Nacional de Empresarios –ANDI; e o Clúster TIC de Antioquía, ACI, Ruta N, UNE, Gobal Media.
Segundo informa a plataforma galega, como consecuencia destas xuntanzas, as nosas empresas contarán cun importante aval para o desenvolvemento da II Misión Inversa Internacional Latinoamérica: Colombia – Galicia, e tamén para a posta en marcha dun convenio de colaboración nas materias de Internet das cousas e de novas tecnoloxías para a eficiencia enerxética.
Respecto da Corporación Ruta N Medellín, unha das entidades coas que intercambiou experiencias e afianzou ligazóns o noso Clúster, sinalar que consiste nunha iniciativa dirixida a desenvolver proxectos e recursos locais para a ciencia, a tecnoloxía e a innovación. Trátase dunha entidade posta en marcha pola Alcaldía de Medellín, EPM e UNE, e outro dos seus obxectivos é promover negocios innovadores baseados en tecnoloxía que incrementen a competitividade da cidade, dinamicen a economía, fortalezan os clústeres estratéxicos e posibiliten mellores empregos para os habitantes de Medellín. Dito doutro xeito: trátase de converter a Medellín nunha cidade do coñecemento. Arestora emprendeuse dende a dita Corporación o proxecto de dar forma ao distrito tecnolóxico no norte da cidade, un área que segundo informa o Clúster TIC Galicia, “sentará as bases do desenvolvemento económico desta zona, atraendo empresas vinculadas coa ciencia, a tecnoloxía, e a innovación, especialmente nos sectores de saúde, enerxía e TIC”. En definitiva, estamos ante unha boa oportunidade de desenvolvemento para as nosas empresas do sector, e así o fai saber a plataforma que dirixe Antonio Rodríguez del Corral.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?