Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O profesor Íñigo Cuíñas preséntase para dirixir a ETSE de Telecomunicación a partir do 4 de marzo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O profesor Íñigo Cuíñas preséntase para dirixir a ETSE de Telecomunicación a partir do 4 de marzo

Redacción
Publicado: 24/02/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_inigo_cuinas.jpgA ETSE de Telecomunicación elixe directora ou director o vindeiro 4 de marzo, logo das dúas lexislaturas de Edita de Lorenzo, quen se puxo á fronte da escola o 26 de febreiro de 2009, converténdose na primeira muller cun cargo de máxima responsabilidade nunha das nosas escolas de enxeñaría. Precisamente con Edita de Lorenzo como directora, no seu equipo e como subdirector de Novas Titulacións, traballou o que ata o de agora é o único candidato para as eleccións do vindeiro 4 de marzo, o profesor Íñigo Cuíñas. A súa proposta é a dunha “continuidade natural do traballo desenvolvido ao longo dos seis anos previos”.
O equipo que acompaña a Cuíñas nesta candidatura está composto por Enrique Costa, Francisco Javier Díaz, Manuel Fernández, Loreto Rodríguez e Miguel Ángel Dominguez, este último o único que, xunto con Cuíñas, repite respecto ao equipo anterior, no que era secretario do centro.
Segundo informa a Universidade de Vigo, este luns celebrouse a proclamación provisional de candidatos, que se tornará definitiva o xoves, tras dúas xornadas para a presentación de reclamacións. Íñigo Cuíñas aposta na súa candidatura por continuar coa liñas marcadas ata o de agora polo centro “pero tamén por sacar adiante novos proxectos que por falta de tempo” non se puideron desenvolver”. Ao fío disto, propón intensificar as políticas de captación de estudantes, sobre todo para os mestrados, intensificar a cooperación co tecido empresarial e apostar polos dobres títulos con centros estranxeiros, para que xa existen tres potenciais colaboracións.
Polo que atinxe a Edita de Lorenzo, deixa a dirección despois das dúas lexislaturas (o máximo estipulado polos regulamentos) e faino “moi satisfeita e moi agradecida”, sobre todo ao seu equipo, porque “tiven a sorte de traballar con xente disposta e entregada”, sinala. Ao seu xuízo, a súa experiencia á fronte da escola foi unha “oportunidade persoal, como docente e como muller, e un reto do que aprendín moito”. De Lorenzo salienta o proceso de internacionalización que se abriu no centro, tanto a través de mobilidade de estudantes, PAS e PDI, como de prácticas no estranxeiro e a docencia en inglés. De feito, xa se imparten nesta lingua dúas especialidades do mestrado e o proxecto fin de máster para todas as especialidades.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?