O Grupo Vithas, que ten activos na nosa terra un bo número de centros de saúde privada, anunciou estes días a posta en marcha dunha nova de seu. Segundo informa a compañía, a páxina en cuestión responde ao interese da empresa por achegar en tódolos seus ámbitos de actividade os niveis máis avanzados de desenvolvemento. O obxectivo fundamental da páxina, aclaran, é centrarse no paciente. Sinalar que ao Grupo Vithas pertence o Hospital Nosa Señora de Fátima de Vigo e os centros de saúde física e rehabilitación de Pontevedra, Vilagarcía, Marín, Sanxenxo, A Estrada e Caldas de Reis.
Os contidos da web son unha achega directa dos médicos do grupo. Estes incluíron seccións como Que necesitas ou Non sei que me pasa, onde se aposta por unha comunicación directa cos facultativos ou especialistas. Segundo fontes do grupo, “trátase da primeira vez que se lle pregunta a un paciente que é o que precisa, a través da Rede, coa finalidade directa de orientalo na procura da especialidade médica que mellor lle acaia”.
Tal e como apunta Fernando Carranza, director de Mercadotecnia e Comunicación de Vithas, estamos sen dúbida ante “un proxecto moi innovador dentro do ámbito sanitario”, primeiramente polos esforzos destinados a procurar un servizo útil e claro para o internauta. Para comezar, sinala, permíteselle saber a ciencia certa a que especialista debe acudir, e sen que sexan precisos coñecementos previos no ámbito da saúde. “O paciente atopará información detallada sobre especialidades médicas e probas diagnósticas coa seguridade de que foi elaborada e supervisada por profesionais de a saúde”, engade.
A web tamén inclúe servizos de cita en liña, xeolocalización ou testemuños. Grazas á cita online o usuario poderá reservar visita ao médico “de maneira rápida e sinxela e desde calquera sitio e a calquera hora”, explícase. Ademais, o sistema de xeolocalización dos dispositivos intelixentes ou tabletas levará aos pacientes directamente ao sitio específico do hospital Vithas máis próximo.
Vithas renova web co fin de pór os seus centros de saúde máis preto dos internautas
Compartir Este Artigo
