Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Cámara de Comercio de Santiago permitirá que as empresas locais tiren partido do directorio Pymes.com
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Cámara de Comercio de Santiago permitirá que as empresas locais tiren partido do directorio Pymes.com

Redacción
Publicado: 25/02/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

camara_comercio_santiago_pymes.jpgA Cámara de Comercio de Santiago presentou na mañá deste mércores as vantaxes do servizo Pymes.com, cualificado pola entidade empresarial como “o primeiro directorio público da empresa española”. Segundo engadiu a Cámara, o repositorio de información corporativa xa está en marcha e a el adheríronse as 3.363 empresas que conforman o tecido produtivo de Santiago de Compostela grazas ao acordo de integración que asinou a Cámara de Comercio cos responsables do devandito portal. “Desta maneira”, informou a entidade cameral, “por primeira vez o conxunto das PEME da capital de Galicia conta de balde cun dominio propio e unha presenza en liña dentro deste portal no que se inclúen os datos de 1,5 millóns de compañías españolas”.
O directorio foi dado a coñecer na sede a entidade compostelá polo seu presidente, Jesús Asorey, e máis polo delegado de Pymes.com, Sergio Ruiz, quen fixo saber que se trata do primeiro portal de España das súas características que achega “unha absoluta fiabilidade dos seus datos, ademais de ser unha ferramenta estratéxica na toma de decisións de compra”. Ademais, Ruiz animou ás empresas de Santiago a tirar proveito das posibilidades do directorio, e máis tendo en conta “a importancia de incorporar o tecido produtivo compostelán á economía dixital fomentando a súa presenza en Internet”.
O conselleiro delegado de Pymes.com tamén destacou que “a partir de agora calquera empresa da cidade e a súa contorna, con independencia do seu tamaño e do sector no que opere, vai mellorar a súa visibilidade en Internet, ademais de ampliar a cota de mercado con novos clientes, tanto no ámbito local, como nacional e internacional, xa que pode amosar os seus produtos e servizos dunha forma personalizada”.
A maiores, recordou que na gran maioría das compras que a día de hoxe se efectúan en España, a decisión de mercar tómase a través de Internet. Ademais, sinalou, o 58% das valoracións inflúen tamén na adquisición do produto e servizo.
Respecto das vantaxes concretas do directorio, Ruiz sinalou que o portal dá a posibilidade de poder consultar unha información (Informe Financeiro da Empresa) á que só adoitan ter acceso empresas rexistradas como bancos, compañías de telecomunicacións ou grandes corporacións. Son, explicou, datos relativos á identidade, contacto da empresa e a información sobre acredores e tipo de débeda, entre outras cuestións amosadas de xeito sinxelo e de doada comprensión. Segundo engadiu, Sergio Ruiz, a información do informe permite que “nunha ollada poidamos ver se a empresa consultada é un bo ou mal pagador desde os últimos anos ata o propio día no que se solicita a emisión do informe”.
O portal tamén expón datos do Índice de Notoriedade en Internet, de acceso público e gratuíto. Este reflicte, cunha valoración de 0 a 500, a popularidade dunha empresa, o seu nivel de presenza dixital así como a reputación percibida polos seus usuarios.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?